Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 23 de agosto de 2001 Páx. 11.327

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (351/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 351/2001, seguidos por instancia de Dolores Verán Mayo contra A.G. Formación Informática S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 6-7-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Dolores Verán Mayo, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa A.G. Formación Informática S.L., a que, á súa elección, que debe efectuar no prazo de cinco días, a readmita no seu posto de condicións de traballo ou a indemnice coa cantidade de 80.581 pesetas, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 372.400 pesetas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo

de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese á empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 351-2001 do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese á parte demandada de que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a sustanciación do procedemento, deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada ésta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, de que se unirá certificación ós autos orixinais par a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, por efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa A.G. Formación Informática S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 6 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado