Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 23 de agosto de 2001 Páx. 11.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se declara deserto o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza da Área de Servicios Sociais de Ourense.

De conformidade coa Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos desta consellería, resolve declarar deserto o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza da Área de Servicios Sociais de Ourense convocado no DOG nº 97, do 22 de maio de 2001, por non presentarse ningunha oferta.

Ourense, 3 de xullo de 2001.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense