Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 23 de agosto de 2001 Páx. 11.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 2 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 65/2001 CAR, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do contido del, o inicio do expediente sancionador nº 65/2001 CAR, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que lle asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 2 de xullo de 2001.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: nº 65/2001 CAR.

Denunciado: José Carlos Vila Burgo.

Último domicilio coñecido: r/ Entenza Castelao, s/n. Salceda de Caselas, Pontevedra.

Feito denunciado: transporte de carnes frescas e carnes picadas a temperatura inferior á esixida carecendo das condicións hixiénicas axeitadas. Os productos carecían de envase, etiqueta e documentación comercial de acompañamento que acreditara a súa orixe, con destino para a comercialización e venda na carnicería propiedade do denunciado.

Precepto infrinxido: artigo 2.2º.2.; artigo 3.3º.6; artigo 14.1º e o artigo 9.3º do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Capítulo IV e cap. IX. pto. 3. do R.D. 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.

Precepto sancionador: artigo 35.A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade.

Sanción imposta: leve.