A Comisión de Goberno, en sesión do 10 de agosto de 2001, aprobou definitivamente o reformado do proxecto de urbanización O Baño, redactado polos arquitectos Francisco Otero Méndez e Francisco Javier Amenedo Ansede, con data de outubro 2000 e tramitado por instancia de Mahía Inmobiliaria, S.L.
Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Mugardos, 13 de agosto de 2001.
Ramón Toimil Saavedra
Alcalde