Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 23 de agosto de 2001 Páx. 11.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, a execución da obra que se sinala:

Obxecto: proxecto de urbanización para o polígono II do Plan parcial As Galeras en Bastiagueiro-Liáns.

Orzamento de licitación: 191.090.160 pesetas (1.148.474,99 euros).

Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría e.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis (26) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG, ata as 13 h.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ás 13 h.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 14 de agosto de 2001.

Mª Esther Pita Pita

Alcaldesa