Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.343

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 18 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, do Instituto Galego de Consumo, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Xustiza, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Dirección Xeral da Xuventude e do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, pola que se convocan premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

Os decretos 426/1991, do 12 de decembro (DOG do 14 de xaneiro de 1992); 245/1992, do 30 de xullo (DOG do 14 de agosto); 78/1993, do 25 de febreiro (DOG do 2 de abril) e 275/1994, do 29 de xullo (DOG do 31 de agosto), establecen, respectivamente, os currículos de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para a Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente, os currículos dos ciclos formativos de formación profesional establécense nos seus decretos correspondentes.

Os centros educativos deben desenvolve-los currículos educativos das distintas etapas tanto a nivel de proxecto curricular como de programación de aula. Neste marco de desenvolvemento curricular, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a impulsa-las actividades de innovación educativa como medio de promoción e actualización profesional do profesorado.

Unha sociedade na que os valores cambian con rapidez demanda das institucións da nosa comunidade accións dirixidas a potenciar actitudes e coñecementos que no eido da educación consideramos temas transversais do currículo, tales como educación para a saúde, educación para o consumo, educación para a paz e a multiculturalidade, educación para a igualdade de ámbolos sexos, educación para o lecer e educación ambiental, e que pola súa transcendencia e relevancia social necesitan para o seu desenvolvemento do concurso de tódalas institucións.

No Decreto 482/1997, do 30 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, no artigo 7 indícase a competencia do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para facer propostas e promoción de plans e programas encamiñados á integración do ambiente no currículo educativo das ensinanzas regradas a tódolos niveis.

O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller dálle prioridade á intervención educativa como instrumento de cambio e superación de discriminacións e desigualdades entre homes e mulleres, impulsando a realización de novos desenvolvementos da educación para a igualdade nas comunidades escolares co obxecto de proporcionar, desde as primeiras etapas educativas, outros modelos de relación e convivencia entre as persoas de diferente sexo.

Por todo isto, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, a Dirección Xeral da Xuventude e o Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, establece, na presente resolución, as bases para a convocatoria e concesión de premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

En consecuencia co anteriormente exposto,

DISPOÑEMOS:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta resolución é a convocatoria de dous premios á innovación educativa sobre cada un dos seguintes temas: a transversalidade na educación, educación vial, educación para o consumo, prevención do consumo indebido de drogas, educación para a saúde (prevención VIH/SIDA e ETS, promoción da vida sen tabaco, saúde bucodental e alimentación e dieta sa), educación para a paz e a multiculturalidade, educación para a igualdade de ámbolos sexos, educación para o lecer e educación ambiental, para todo o ensino non universitario, e a aprobación das súas bases de concesión.

Artigo 2º.-Dotación económica.

Os dous premios ós que se alude no artigo anterior terán a seguinte dotación:

A transversalidade na educación:

Un premio para educación infantil e primaria de 250.000 pesetas.

Un premio para educación secundaria de 250.000 pesetas.

O pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.322I.640.1, unha vez realizada a retención correspondente.

Educación vial:

Un premio para educación infantil e primaria de 250.000 ptas.

Un premio para educación secundaria de 250.000 pesetas.

O pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.322I.640.1, unha vez realizada a retención correspondente.

Educación para o consumo:

Un premio para educación infantil e primaria de 250.000 pesetas.

Un premio para educación secundaria de 250.000 pesetas.

O pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 08.50.343A.640.0, unha vez realizada a retención correspondente.

Prevención do consumo indebido de drogas:

Un premio para educación infantil e primaria de 250.000 pesetas.

Un premio para educación secundaria de 250.000 pesetas.

Daráselles prioridade ós traballos realizados sobre o material didáctico, sobre prevención do consumo indebido de drogas, editado polas Consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Sanidade e Servicios Sociais.

O pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 11.01.313A.640.1, unha vez realizada a retención correspondente.

Educación para a saúde (prevención VIH/SIDA e ETS, promoción da vida sen tabaco, saúde bucodental e alimentación e dieta sa):

Un premio para educación infantil e primaria de 250.000 pesetas.

Un premio para educación secundaria de 250.000 pesetas.

O pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.313A.640.4, unha vez realizada a retención correspondente.

Educación para a paz e a multiculturalidade:

Un premio para educación infantil e primaria de 250.000 pesetas.

Un premio para educación secundaria de 250.000 pesetas.

O pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.123A.226.06, unha vez realizada a retención correspondente.

Educación para a igualdade de ámbolos sexos:

Un premio para educación infantil e primaria de 250.000 pesetas.

Un premio para educación secundaria de 250.000 pesetas.

O pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 14.50.212A.227.06, unha vez realizada a retención correspondente.

Educación para o lecer:

Un premio para educación infantil e primaria de 250.000 pesetas.

Un premio para educación secundaria de 250.000 pesetas.

O pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.211A.640.0, unha vez realizada a retención correspondente.

Educación ambiental:

Un premio para educación infantil e primaria de 250.000 pesetas.

Un premio para educación secundaria de 250.000 pesetas.

Valoraranse os seguintes aspectos nos traballos presentados:

-Coherencia ambiental e fomento da ética ambiental respecto do equilibrio ecolóxico e a calidade de vida;

-Rendibilidade social e continuidade da experiencia.

O pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.342A.640.1, unha vez realizada a retención correspondente.

Artigo 3º.-Condicións.

1. Poderá participar na presente convocatoria o profesorado dos centros educativos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que estea en activo e imparta ensino nos niveis non universitarios.

2. Os concursantes, de xeito individual ou en grupo, deberán presentar un traballo de aplicación práctica na aula sobre calquera aspecto dos temas transversais desenvolvido no curso 2000-2001, antes da data de límite de entrega.

3. Os traballos presentados poderán abranguer calquera etapa, ciclo ou curso do ensino non universitario, e deberán explica-los aspectos establecidos no punto 8º do presente artigo.

4. Os traballos que concorran deberán ser orixinais e non premiados con anterioridade.

5. O prazo de presentación dos traballos remata o 30 de setembro de 2001.

6. O prazo máximo de resolución será de seis meses contados a partir da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

7. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos que colaboran nesta convocatoria poderán proceder conxuntamente á reproducción, publicación e divulgación dos traballos premiados.

8. Os concursantes deberán presenta-lo traballo en soporte informático e en soporte papel por triplicado no rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través das distintas delegacións provinciais ou polas canles establecidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de proceder ó envío certificado por correo, a instancia que debe acompaña-lo traballo estará datada e selada pola oficina de correos antes de ser certificada.

9. Os traballos deberán ir acompañados da seguinte documentación:

a) Instancia dirixida á directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, asinada polo autor ou autora ou, se é o caso, polo coordinador ou coordinadora responsable do grupo de traballo segundo o modelo do anexo da presente resolución.

b) Certificación da dirección do centro educativo, acreditativa de que os concursantes prestan os seus servicios como persoal docente no devandito centro ou de que estiveron destinados nel durante a realización da experiencia.

c) Memoria descritiva, dun máximo de 20 folios, da experiencia educativa na que se reflectirán os obxectivos e contidos desenvolvidos, a metodoloxía empregada, datas ou períodos da súa realización, desenvolvemento da experiencia e criterios e procedementos de avaliación. Igualmente, deberá consta-la valoración do profesorado e do alumnado, agás a do alumnado de educación infantil, sobre o traballo realizado respecto da consecución dos obxectivos previstos.

d) Anexos dos traballos ou actividades realizados polos alumnos e alumnas durante a experiencia.

Artigo 4º.-Composición e funcións da comisión.

1. Os traballos presentados que se axusten á presente convocatoria serán examinados e avaliados por unha comisión composta polos seguintes membros:

A directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, que actuará como presidenta. O subdirector xeral de Ordenación Educativa, que actuará como vicepresidente.

Actuarán como vocais:

A xerente do Instituto Galego de Consumo, ou persoa na que delegue.

O comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas, ou persoa na que delegue.

A subdirectora xeral de Programas de Saúde Pública, ou persoa na que delegue.

O subdirector xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, ou persoa na que delegue.

A secretaria xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, ou persoa na que delegue.

O subdirector xeral de Promoción e Actividades, ou persoa na que delegue.

O xefe da Área de Educación e Información Ambiental, ou persoa na que delegue.

O xefe do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

Un funcionario ou funcionaria do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa, que actuará como secretario ou secretaria.

2. A comisión, se é o caso, poderá contar co asesoramento de especialistas.

3. A participación na convocatoria supón a aceptación de tódalas súas bases, así como a cesión do dereito da propiedade dos traballos premiados, nos que poderán introducirse as variacións que se consideren máis adecuadas á súa finalidade.

4. A resolución da comisión esgotará a vía administrativa e publicarase no Diario Oficial de Galicia, podendo declararse desertos os premios anunciados ou determina-la súa acumulación ou compartición. Contra esa resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición perante a directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 5º.-Certificación.

A Administración educativa poderalles recoñecer ós participantes, os traballos dos cales sexan avaliadas positivamente, mediante expedición de certificado, as actividades de innovación realizadas no marco da presente convocatoria.

Artigo 6º.-Retirada da documentación.

As persoas responsables dos traballos ou os seus representantes legais poderán retira-la documentación dos traballos non premiados e que non vaian ser obxecto de publicación, na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional no prazo de 30 días a partir da publicación da resolución de concesión de premios da presente convocatoria.

A presente resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2001.

Mª del Pilar Mar Pérez MarsóVíctor Tello Calvo

Directora xeral de OrdenaciónPresidente do Instituto

Educativa e Formación ProfesionalGalego de Consumo

Manuel Antonio Silva RomeroManuel Barral Castro

Secretario xeral da ConselleríaDirector xeral de Saúde e

de Sanidade e Servicios SociaisPública

Reyes Carabel PedreiraMª José Bravo Bosch

Directora xeral de XustizaDirectora xeral de Xuventude

Aurora Montes Santa-OlallaJuan Carlos Casares Long

Directora xeral do ServicioDirector xeral do Centro

Galego de Promoción da Igualdadede Información e Tecnoloxía

do Home e da MullerAmbiental