Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 5 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do 6 de xuño de 2001 relativo ó expediente sancionador PO-58/2001, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14-1-1999), notifícaselle á persoa que de seguido se relaciona, o acordo de iniciación da delegación provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo relativo ó expediente sancionador en materia de turismo número PO-58/2001, incoado ó titular do café-bar denominado Cunninghan's, situado na rúa Areal, 78, de Vigo, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, contados a partir do seguinte o da súa publicación, para presentar ante o instructor do expediente, cantas alegacións, documentos, ou informacións estimen convenientes, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

De non formular alegacións no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, o acordo de iniciación considerarase proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Expediente: PO-58/2001.

Instructor: Mª de los Ángeles Herrero Pérez.

Infractor: Serpentine, S.L.

Establecemento: café-bar Cunnighan's.

Domicilio: rúa Areal, 78.

Localidade: Vigo.

Acordo de iniciación: 6 de xuño de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 87.7º da Lei 9/1997.

Sanción: multa de cen mil unha (100.001) pesetas.

Pontevedra, 5 de xullo de 2001.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra