Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.402

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de xullo de 2001 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información; no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática, e no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática.

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia establece no seu artigo 32.1º que as probas selectivas de funcionarios serán teóricas e prácticas e deberán adecuarse ós postos de traballo que se vaian ocupar.

Así mesmo, o epígrafe 3º do artigo 35 da Lei 4/1988, establece que: «os programas das probas de selección e, de se-lo caso, dos cursos de formación deberán procurar especialmente que as materias esixidas se correspondan co desenvolvemento posterior das tarefas que se vaian cumprir».

De conformidade co dito precepto, esta consellería resolve aproba-los temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía de información; no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática, e no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, creadas, respectivamente, polos artigos 16, 17 e 18 da Lei 15/1991, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1992 (Diario Oficial de Galicia nº 251, do 30 de decembro de 1991), e que se publican como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

CORPO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN DA XUNTA

DE GALICIA (GRUPO A), ESCALA DE SISTEMAS E TECNOLOXÍA

DA INFORMACIÓN

Parte común.

1. O concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978, principios informadores. Estructura.

2. A Coroa: funcións constitucionais. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Aprobación das leis.

3. O Goberno. A súa composición e funcións. O presidente do Goberno. Os ministros. Relacións entre o Goberno e as Cortes.

4. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos. Os organismos autónomos e as sociedades estatais. Órganos consultivos da Administración do Estado. O Consello de Estado e outros órganos consultivos.

5. A distribución territorial do poder do Estado. O Estado das autonomías na Constitución. Procesos de constitución das comunidades autónomas. Estructura, aprobación e reforma dos estatutos de autonomía.

6. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. O Goberno da Comunidade Autónoma.

7. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

8. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Composición e funcións. Os conselleiros: estatuto persoal e atribucións. Organización e estructura das consellerías. A Administración periférica das consellerías.

9. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Réxime xurídico da función pública galega.

10. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ámbito de aplicación e principios informadores. Fases: iniciación, ordenación, instrucción e terminación.

11. Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Recursos de alzada, reposición e extraordinario de revisión.

12. Os contratos administrativos. As súas clases. Formas de contratación. Contido e efectos dos contratos administrativos. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, rescisión e renuncia.

13. A expropiación forzosa. Potestade expropiatoria. Natureza e xustificación. Suxeitos, obxecto e causa. Procedemento xeral expropiatorio. Garantías xurisdiccionais.

14. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características do sistema vixente. Lesión determinante, suxeitos impugnables e causas de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.

15. As propiedades administrativas en xeral. Clases. O domino público. Concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico do dominio público.

16. As comunidades europeas (I). As súas fontes. Ordenamento xurídico comunitario. Acta Única Europea. Tratado da Unión Europea. Tratado de Amsterdan.

17. As comunidades europeas (II). Relacións co dereito interno dos estados. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

18. As comunidades europeas (III). As institucións da UE. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento euro

peo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da UE.

19. O gasto público: concepto e réxime xurídico. Clasificacións. Principios constitucionais na materia. Limitación dos créditos orzamentarios para gastos. Procedemento de execución do gasto público. As subvencións: réxime xurídico. O Tribunal de Contas.

20. A xestión económico-financeira pública de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade Autónoma. Os orzamentos da Comunidade Autónoma. O control orzamentario. O Consello de Contas.

Parte específica.

1. Definición e estructuras dos sistemas de información. Subsistema físico e lóxico.

2. Principios de funcionamento dos ordenadores. Historia e evolución. Arquitectura e compoñentes dos ordenadores.

3. Sistemas operativos. Concepto. Evolución. Tendencias. Principais características: Unix, Windows, Windows 9x, Windows NT, Windows 2000.

4. Estructuras da información. Ficheiros secuenciais e indexados. Modelo entidade-relación. Entidades e atributos. Relacións. Diagramas de entidade-relación.

5. Sistemas de xestión de bases de datos. Modelo xerárquico. Modelo relacional. Bases de datos distribuídas, replicadas, orientadas a obxectos. SQL. Bases de datos de documentais.

6. Acceso masivo a datos: datawarehouse, datamining, datamarts, OLAP.

7. Monitores de transaccións. TUXEDO. Control de concorrencia. Bloqueos. Integridade. Recuperación de erros.

8. Modelos de proceso do software. Modelo lineal secuencial. Modelo de construcción de prototipos. Modelo de desenvolvemento rápido de aplicacións. Modelo incremental. Modelo en espiral. Ensamblaxe de compoñentes. Métodos formais.

9. Dirección de proxectos. Técnicas de control. Macroanálise. O plan informático. Estudio de oportunidade, análise de viabilidade, xestión de custos. Ferramentas de axuda á xestión de proxectos.

10. Xestión do proxecto software. Métricas. Estimación de recursos e custos. Modelos de estimación. Planificación temporal. Xestión do risco.

11. Análise estructurada. Análise orientada a obxectos. Análise do dominio. Modelado CRC. Modelo obxecto-relación e obxecto comportamento.

12. Métricas. Baseadas na función, bang, de calidade da especificación. Métricas orientadas a obxectos.

13. Deseño. Deseño estructurado. Deseño de datos, arquitectónico, de interface de usuario. Deseño procedemental. Deseño orientado a obxectos. Deseño de sistemas de tempo real.

14. Modelos de programación. Programación estructurada, orientada a obxectos. Modelo de compoñentes.

15. Linguaxes de programación. Tipos de linguaxe. Ferramentas RAD.

16. C e C++. Definición, orientación e características.

17. Visual Basic. Definición, orientación e características. Tecnoloxía ActiveX.

18. HTML, CSS, XML, XLS, XLST. Definición, orientación e características.

19. Java. Definición, orientación e características. RMI. EJB. Servlets. Applets.

20. Linguaxes de guións. Javascript, Jscript, ECMA Script, VBScript. Definición, orientación e características.

21. Estratexias de proba do software: verificación e validación. Proba de integración. Proba de validación. Probas do sistema: recuperación, seguridade, resistencia, rendemento.

22. Métodos de proba do software. Fundamentos. Caixa negra e caixa branca. Probas de contorno e aplicacións especializadas. Probas orientadas a obxectos.

23. Estratexias de despregamento: sistemas operativos e aplicacións.

24. Xestión de calidade do software. Factores. Métricas de avaliación da calidade. Garantía de calidade. Revisións. Fiabilidade. Normas e modelos de garantía de calidade.

25. Mantemento. Enfoques. Custos. Tarefas. Métricas. Enxeñería inversa. Ferramentas. Reenxeñería.

26. Xestión da configuración do software. Identificación da configuración. Control de versións. Control de cambios. Auditoría da configuración.

27. Ferramentas CASE: estimación, planificación, xestión, análise, deseño, probas, integración, mantemento,... Contornos CASE integrados.

28. Paradigma cliente-servidor. Principais características. Arquitectura de dous, tres ou máis niveis. Clientes lixeiros e pesados. Comparativa e custos.

29. Seguridade en redes públicas e privadas de datos. Confidencialidade, integridade e dispoñibilidade.

30. Medidas de seguridade: físicas, técnicas, organizativas, legais. Identificación e autenticación. Control de accesos físicos e lóxicos. Control de fluxo de datos. Notarización. Auditoría.

31. Análise e xestión de riscos. Metodoloxía MAGERIT. Plan de continxencias e recuperación ante desastres.

32. Funcións da seguridade informática. Políticas de seguridade e plans de seguridade. Certificación de seguridade. Ferramentas de auditoría e control de seguridade.

33. Seguridade na Internet. Intrusións. Accesos non autorizados. Confidencialidade. Fallos no servicio. Medidas de actuación. Técnicas de seguridade na Internet: técnicas preventivas e reactivas.

34. Técnicas criptográficas. Tipos de claves. Certificados. Dixitais. Sinatura electrónica. Autoridades certificadoras.

35. Virus. Tipos. Medios preventivos e reactivos. Programas antivirus.

36. Redes de comunicacións. Definicións. Topoloxías. Clasificacións. Descrición dos principais estándares de área local, área metropolitana e área extensa.

37. Modelo OSI. Niveis. Descrición de servicios e protocolos. TCP/IP. Protocolos e servicios.

38. Elementos de interconexión de redes. Concentradores, conmutadores, repetidores, pontes, encamiñadores, pasarelas.

39. Principais redes de transmisión de datos: Iberpac, Ibermic. Redes privadas Frame Relay. RDSI. ADSL. ATM: arquitecturas e servicios.

40. Xestión de rede. Estándares. Ferramentas e xestión. SNMP e RMON.

41. Internet. Creación, avaliación, características. Redes soporte. Provedores de servicio. Intranet. Extranet.

42. Servicios baseados na Internet: correo, transferencia de ficheiros, publicación en formato hipertexto, grupos de discusión, busca e acceso a información estructurada, directorio, sincronización horaria.

43. Utilización de tecnoloxías e conceptos da Internet na implementación de sistemas cliente-servidor. Servicios básicos para sistemas cliente-servidor: directorio, correo, transferencia de ficheiros, impresión e xestión de rede.

44. Servicios para o desenvolvemento de aplicacións cliente-servidor: xestión de obxectos distribuídos, servicios de transacción, mensaxería, distribución de información (tecnoloxía PUSH) e metadatos

45. O paradigma network-computing: definición, estratexias de solución, postos de traballo específicos.

46. Organización dun centro de sistemas de información. Funcións e responsabilidades.

47. Planificación estratéxica de sistemas de información e das comunicacións. Plan de sistemas de información. Reenxería de sistemas.

48. Dimensionamento e avaliación de rendementos. Auditoría informática: obxectivos, metodoloxías, técnicas, ferramentas e estándares.

49. Centros de atención a usuarios. Funcións. Organización: descrición dos niveis, perfil dos operadores. Control da calidade. Ferramentas

50. A contratación de bens e servicios informáticos. A utilización de medios telemáticos. Manual europeo de compras públicas (EPHOS). Pregos para a contratación de bens e servicios informáticos.

51. Lexislación sobre protección de datos. Normativa comunitaria. Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal. Axencia de Protección de Datos.

52. A protección xurídica dos programas de ordenador. Normativa comunitaria e nacional.

53. Organizacións de normalización. Política comunitaria de normalización. Decisión 87/1995 do Consello de Comunidades Europeas.

54. Sinatura electrónica. Normativa internacional. Real-decreto lei sobre sinatura electrónica. Autoridades de certificación.

55. A calidade nos servicios de información. Modelo de Calidade EFQM. Guía para os servicios ISO 9004-2.

56. Organización da Administración Xeral do Estado en sistemas de información. O Consello Superior de Informática. Proxectos interrexionais.

57. Organización da Administración autonómica de Galicia en sistemas de información. Órganos con competencia informática. Funcións de relatorio técnico. A comisión de informática.

58. A reforma administrativa da Xunta e as tecnoloxías da información. O sistema de xestión de procedementos administrativos. Arquitectura e funcionalidade. Os sistemas de información.

59. Rede corporativa de comunicacións da Xunta de Galicia. Orixe. Topoloxía. Alcance. Tecnoloxías e evolución.

60. Servicios corporativos da Xunta de Galicia. Web institucional. Plataforma de correo electrónico. Políticas de seguridade. Outros servicios.

61. Administración electrónica. Concepto. Fundamentos tecnolóxicos. Estado de desenvolvemento mundial, europeo e nacional. Proxectos.

CORPO DE XESTIÓN DE ADMINISTRACIÓN DA XUNTA

DE GALICIA (GRUPO B), ESCALA DE XESTIÓN DE SISTEMAS

DE INFORMÁTICA

Parte común.

1. O concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978, principios informadores. Estructura.

2. A Coroa: funcións constitucionais. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Aprobación das leis.

3. O Goberno. A súa composición e funcións. Relación entre o Goberno e as Cortes. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

5. O Parlamento de Galicia. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Organización e estructura das consellerías.

6. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Réxime xurídico da función pública galega.

7. As comunidades europeas: institucións comunitarias. A Acta Única Europea. Tratado da Unión Europea. Tratado de Amsterdan.

8. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación e principios informadores. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases, requisitos xerais.

9. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de contratación. Contido e efectos dos contratos. Resolución, rescisión e renuncia.

10. A xestión económico-financeira pública de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade Autónoma. Os orzamentos da Comunidade Autónoma. O control orzamentario. O Consello de Contas.

Parte específica.

1. Definición e estructuras dos sistemas de información. Subsistema físico e lóxico.

2. Principios de funcionamento dos ordenadores. Historia e evolución. Arquitectura e compoñentes dos ordenadores.

3. Sistemas operativos. Concepto. Evolución. Tendencias. Principais características: Unix, Windows, Windows 9x, Windows NT, Windows 2000.

4. Estructuras da información. Ficheiros secuenciais e indexados. Modelo entidade-relación. Entidades e atributos. Relacións. Diagramas de entidade-relación.

5. Sistemas de xestión de bases de datos. Modelo xerárquico. Modelo relacional. Bases de datos distribuídas, replicadas, orientadas a obxectos. SQL. Bases de datos de documentais.

6. Acceso masivo a datos: datawarehouse, datamining, datamarts, OLAP.

7. Monitores de transaccións. TUXEDO. Control de concorrencia. Bloqueos. Integridade. Recuperación de erros.

8. Modelos de proceso do software. Modelo lineal secuencial. Modelo de construcción de prototipos. Modelo de desenvolvemento rápido de aplicacións. Modelo incremental. Modelo en espiral. Ensamblaxe de compoñentes. Métodos formais.

9. Xestión do proxecto software. Métricas. Estimación de recursos e custos. Modelos de estimación. Planificación temporal. Xestión do risco.

10. Análise estructurada. Análise orientada a obxectos. Análise do dominio. Modelado CRC. Modelo obxecto-relación e obxecto comportamento.

11. Métricas. Baseadas na función, bang, de calidade da especificación. Métricas orientadas a obxectos.

12. Deseño. Deseño estructurado. Deseño de datos. Deseño do interface de usuario. Deseño procedemental. Deseño orientado a obxectos. Deseño de sistemas de tempo real.

13. Modelos de programación. Programación estructurada, orientada a obxectos. Modelo de compoñentes.

14. Linguaxes de programación. Tipos de linguaxe. Ferramentas RAD.

15. C e C++. Definición. Orientación. Características e programación.

16. Visual Basic. Definición. Orientación. Características e programación. Tecnoloxía ActiveX.

17. HTML, CSS, XML, XLS, XLST. Definición. Orientación. Características e programación.

18. Java. Definición. Orientación. Características e programación. RMI. EJB. Applets. Servlets.

19. Linguaxes de guións. Javascript, Jscript, ECMA Script, VBScript. Definición e orientación. Características e programación.

20. Métodos de proba do software. Fundamentos. Caixa negra e caixa branca. Probas de contorno e aplicacións especializadas. Probas orientadas a obxectos.

21. Estratexia de proba do software: verificación e validación. Proba de integración. Proba de validación. Xestión da calidade do software. Conceptos. Métricas.

22. Mantemento. Enfoques. Custos. Tarefas. Métricas. Enxeñería inversa. Ferramentas.

23. Xestión da configuración do software. Identificación da configuración. Control de versións. Control de cambios.

24. Ferramentas CASE: Estimación, planificación, xestión, análise, deseño, probas, integración, mantemento,... Contornos CASE integrados.

25. Paradigma cliente-servidor. Principais características. Arquitectura de dous, tres ou máis niveis. Clientes lixeiros e pesados. Comparativa e custos.

26. Seguridade en redes públicas e privadas de datos. Confidencialidade, integridade e dispoñibilidade.

27. Medidas de seguridade: físicas, técnicas, organizativas, legais. Identificación e autenticación. Control de accesos físicos e lóxicos. Control de fluxo de datos. Notarización. Auditoría.

28. Análise e xestión de riscos. Metodoloxía MAGERIT. Plan de continxencias e recuperación de desastres.

29. Funcións da seguridade informática. Políticas de seguridade e plans de seguridade. Certificación de seguridade. Ferramentas de auditoría e control de seguridade.

30. Seguridade na Internet. Intrusións. Accesos non autorizados. Confidencialidade. Fallos no servicio. Medidas de actuación. Técnicas de seguridade na Internet: técnicas preventivas e reactivas.

31. Técnicas criptográficas. Tipos de claves. Certificados. Dixitais. Sinatura electrónica. Autoridades certificadoras.

32. Virus. Tipos. Medios preventivos e reactivos. Programas antivirus

33. Redes de comunicacións. Definicións. Topoloxías. Clasificacións. Descrición dos principais estándares de área local, área metropolitana e área extensa.

34. Modelo OSI. Niveis. Descrición de servicios e protocolos. TCP/IP. Protocolos e servicios.

35. Elementos de interconexión de redes. Concentradores, conmutadores, repetidores, pontes, encamiñadores, pasarelas.

36. Principais redes de transmisión de datos: Iberpac, Ibermic. Redes privadas Frame Relay. RDSI. ADSL. ATM:conceptos e servicios.

37. Xestión de rede. Estándares. Ferramentas e xestión. SNMP e RMON.

38. Internet. Creación, avaliación, características. Redes soporte. Provedores de servicio. Intranet. Extranet.

39. Servicios baseados na Internet: correo, transferencia de ficheiros, publicación en formato hipertexto, grupos de discusión, busca e acceso a información estructurada, directorio, sincronización horaria.

40. Utilización de tecnoloxías e conceptos da Internet na implementación de sistemas cliente-servidor. Servicios básicos para sistemas cliente-servidor: directorio, correo, transferencia de ficheiros, impresión e xestión de rede.

41. Servicios para o desenvolvemento de aplicacións cliente-servidor: xestión de obxectos distribuídos, servicios de transacción, mensaxería, distribución de información (tecnoloxía PUSH) e metadatos.

42. O paradigma network-computing: definición, estratexias de solución, postos de traballo específicos.

43. Lexislación sobre protección de datos. Normativa comunitaria. Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, Real decreto 994/1999, de medidas de seguridade. Axencia de Protección de Datos. A protección xurídica dos programas de ordenador.

44. Sinatura electrónica. Normativa internacional. Real-decreto lei sobre sinatura electrónica. Autoridades de certificación. Administración electrónica

45. Organización da Administración autonómica de Galicia en sistemas de información. Órganos con competencia informática. Funcións da ponencia técnica. A comisión de informática.

46. A reforma administrativa da Xunta e as tecnoloxías da información. O sistema de xestión de procedementos administrativos. Arquitectura e funcionalidade. Os sistemas de información. Rede corporativa de comunicacións da Xunta de Galicia.

47. Servicios corporativos da Xunta de Galicia. Web institucional. Plataforma de correo electrónico. Políticas de seguridade. Proxectos de administración electrónica.

CORPO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA

(GRUPO C), ESCALA TÉCNICA AUXILIAR DE INFORMÁTICA

Parte común.

1. A Constitución española de 1978: estructura e contido. A Coroa. Funcións constitucionais do Rei. O Tribunal Constitucional.

2. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento.

3. O Goberno: composición e funcións. O presidente do Goberno. Os ministros.

4. A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. As competencias da Comunidade. O parlamento. A Xunta de Galicia e o seu presidente. A Administración autonómica. Organización e estructura das consellerías.

5. O procedemento administrativo como garantía. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: contido e ámbito de aplicación. Idea xeral da iniciación, ordenación, instrucción e terminación do procedemento administrativo. Os recursos administrativos: concepto e clases.

6. Os contratos administrativos: concepto e clases. Estudio dos elementos. O seu cumplimento. Alteracións contractuais. Incumprimento dos contratos administrativos.

7. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Réxime xurídico da función pública galega.

Parte específica.

1. Definición e estructuras dos sistemas de información. Subsistema físico e lóxico

2. Principios de funcionamento dos ordenadores. Historia e evolución. Arquitectura e compoñentes dos ordenadores.

3. Sistemas operativos. Conceptos. Evolución. Unix. Scripts. Comandos do sistema. Windows. Arquivos bat. Comandos do sistema. Ferramentas de administración.

4. Estructuras da información. Ficheiros secuenciais e indexados. Modelo entidade-relación. Entidades e atributos. Relacións. Diagramas de entidade-relación.

5. Sistemas de xestión de bases de datos. Modelo xerárquico. Modelo relacional. Bases de datos distribuídas, replicadas, orientadas a obxectos. SQL. Bases de datos de documentais.

6. Acceso masivo a datos: datawarehouse, datamining, datamarts, OLAP.

7. Monitores de transaccións. TUXEDO. Control de concorrencia. Bloqueos. Integridade. Recuperación de erros.

8. Modelos de programación. Programación estructurada, orientada a obxectos. Modelo de compoñentes.

9. Linguaxes de programación. Tipos de linguaxe. Ferramentas RAD.

10. C e C++. Definición. Orientación. Características e programación.

11. Visual Basic. Definición. Orientación. Características e programación.

12. HTML, CSS. Definición. Orientación. Características e programación.

13. Java. Definición. Orientación. Características e programación.

14. Linguaxes de guións. Javascript, Jscript, ECMA Script, VBScript. Definición e orientación. Características e programación.

15. Estratexias de proba do software: verificación e validación. Proba de integración. Proba de validación.

16. Métodos de proba do software. Fundamentos. Caixa negra e caixa branca. Probas de contorno e aplicacións especializadas. Probas orientadas a obxectos. Xestión da calidade do software. Mantemento operativo.

17. Paradigma cliente-servidor. Principais características. Arquitectura de dous, tres ou máis niveis. Clientes lixeiros e pesados. Avantaxes e inconvenientes

18. Ferramentas ofimáticas. Procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos de PC.

19. MS-Office. Aplicacións que o compoñen. Comandos e uso das mesmas.

20. Copias de seguridade. Tipos de copias: incremental, diferencial,...Soportes. Periodicidades.

21. A seguridade nas redes públicas e privadas de datos. Medidas de seguridade: físicas, técnicas, organizativas, legais. Identificación e autenticación. Control de accesos físicos e lóxicos. Control de fluxo de datos. Notarización. Auditoría.

22. Seguridade na Internet. Intrusións. Accesos non autorizados. Confidencialidade. Fallos no servicio. Medidas de actuación. Técnicas de seguridade na Internet: técnicas preventivas e reactivas.

23. Virus. Tipos. Medios preventivos e reactivos. Programas antivirus.

24. Redes de comunicacións. Definicións. Topoloxías. Clasificacións.

25.Modelo OSI. Niveis. TCP/IP. Conceptos.

26. Elementos de interconexión de redes. Concentradores, conmutadores, repetidores, pontes, encamiñadores, pasarelas.

27. Cableados estructurados. Estándares. Topoloxías. Medidas.

28. Internet, Intranet, Extranet: puntos en común e diferencias.

29. Servicios baseados na Internet: correo, transferencia de ficheiros, publicación en formato hipertexto, grupos de discusión, busca e acceso a información estructurada, directorio, sincronización horaria.

30. Servicios para o desenvolvemento de aplicacións cliente-servidor: xestión de obxectos distribuídos, servicios de transacción, mensaxería, distribución de información (tecnoloxía PUSH) e metadatos.

31. Lexislación sobre protección de datos. Normativa comunitaria. Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal. Real decreto 994/1999, de medidas de seguridade. Axencia de Protección de Datos. A protección xurídica dos programas de ordenador.

32. Organización da administración autonómica de Galicia en sistemas de información. Órganos con competencia informática. Funcións ponencia técnica. Comisión de informática.

33. A reforma administrativa da Xunta e as tecnoloxías da información. O sistema de xestión de procedementos administrativos. Arquitectura e funcionalidade. Os sistemas de información. Rede corporativa de comunicacións da Xunta de Galicia.

34. Servicios corporativos da Xunta de Galicia. Web institucional. Plataforma de correo electrónico. Outros servicios.