Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por poxa aberta, da execución das obras do proxecto de reforzo da estructura metálica en forxado e escaleira do edificio da Universidade Popular do concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo, dependencia: Educación, nº expediente: 4454/332.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de reforzo da estructura metálica en forxado e escaleira do edificio da Universidade Popular.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 9.946.818 pesetas (59.781,58 euros).

5. Garantías: provisionais: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 3 de agosto de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde