Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 13 de agosto de 2001, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite urxente para a contratación por concurso da obra de pavimentación de praza pública en Tamallancos (obra nº 84 P.B. 2001), o que se expón ó público polo prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no Diario Oficial de Galicia, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público polo trámite urxente, aínda que a licitación se adiará cando resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición:

A execución da obra pavimentación praza pública Tamallancos conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas José Ángel Rodríguez Rodríguez. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación:

O orzamento de execución por contrato e tipo de licitación ascende á cantidade de 11.156.000 pesetas, IVE incluído (67.048,91 euros).

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Domicilio: A Pena-Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, C.P. 32101.

d) Teléfono: 988 28 60 00.

e) Fax: 988 28 60 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Non se esixe clasificación.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19º do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Data: ás 14 horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

10. Gastos dos anuncios:

Os gastos dos anuncios serán sempre por conta do adxudicatario.

Vilamarín, 14 de agosto de 2001.

D. Amador Vázquez Vázquez

Alcalde