Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.593

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xullo de 2001 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria de Cotobade e do Instituto de Educación Secundaria número 2 de Vilanova de Arousa na provincia de Pontevedra.

O Decreto 269/2000, do 2 de novembro (DOG do 14 de novembro), crea os institutos de educación secundaria de Cotobade e número 2 de Vilanova de Arousa na provincia de Pontevedra.

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo) e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la posta en funcionamento dos institutos de educación secundaria relacionados no anexo desta orde.

Segundo.-Autoriza-las direccións xerais de Persoal e a de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución desta orde.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Cotobade.

Localidade: Tenorio.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Cotobade.

Código do centro: 36024197.

Unidades: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Postos de traballo para funcionarios do corpo de mestres no primeiro ciclo ESO:

Lingua galega: 1

Lingua castelá: 1

Filoloxía inglesa: 1

Ciencias sociais: 1

Matemáticas: 1

Ciencias naturais: 1

Educación física: 0

Educación musical: 0

Pedagoxía terapéutica: 1

Total de postos de traballo: 7

Postos para funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario:

Lingua e literatura galega: 1

Lingua castelá e literatura: 1

Xeografía e historia: 1

Matemáticas: 1

Física e química: 1

Bioloxía e xeoloxía: 1

Debuxo: 1

Francés: 1

Inglés: 1

Música: 1

Educación física: 1

Psicoloxía e pedagoxía: 1

Tecnoloxía: 1

Total de postos de traballo: 13

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vilanova de Arousa.

Localidade: Vilanova de Arousa.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria número 2 de Vilanova de Arousa.

Código do centro: 36024203.

Unidades: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Postos de traballo para funcionarios do corpo de mestres no primeiro ciclo ESO:

Lingua galega: 1

Lingua castelá: 1

Filoloxía inglesa:: 1

Ciencias sociais: 1

Matemáticas: 1

Ciencias naturais: 1

Educación física: 0

Educación musical: 0

Pedagoxía terapéutica: 1

Total de postos de traballo: 7

Postos para funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario:

Lingua e literatura galega: 1

Lingua castelá e literatura: 1

Xeografía e historia: 1

Matemáticas: 1

Física e química: 1

Bioloxía e xeoloxía: 1

Debuxo: 1

Francés: 1

Inglés: 1

Música: 1

Educación física: 1

Psicoloxía e pedagoxía: 1

Tecnoloxía: 1

Total de postos de traballo: 13