Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.593

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xullo de 2001 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria número 3 de Arteixo por desdobramento do Instituto de Educación Secundaria Manuel Murguía.

Coa finalidade de que o novo sistema educativo se realice nas mellores condicións posibles, e tendo

en conta as necesidades de escolarización no concello de Arteixo, polo Decreto 102/2001, do 3 de maio (DOG do 18 de maio), créase o Instituto de Educación Secundaria número 3 de Arteixo. A dita creación que supón melloras tanto de orde pedagóxica como organizativa, orixina un desdobramento do Instituto de Educación Secundaria Manuel Murguía do mencionado concello.

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo) e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria número 3 de Arteixo, segundo os datos do anexo desta orde.

Segundo.-Como consecuencia do anterior, autoriza-lo desdobramento do Instituto de Educación Secundaria Manuel Murguía, quedando a súa composición xurídica segundo se reflicte no anexo desta orde.

Terceiro.-Autoriza-las direccións xerais de Persoal e á de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución desta orde.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Arteixo.

Localidade: Arteixo.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria Manuel Murguía.

Código do centro: 15023302.

Unidades: 18 unidades de educación secundaria obrigatoria.

8 unidades de bacharelato (4 unidades da modalidade de humanidades e ciencias sociais e 4 unidades da modalidade de ciencias da natureza e da saúde).

Postos de traballo para funcionarios do corpo de mestres no primeiro ciclo ESO:

Lingua galega: 1

Lingua castelá: 1

Filoloxía inglesa: 1

Ciencias sociais: 2

Matemáticas: 2

Ciencias naturais: 2

Educación física: 1

Educación musical: 0

Pedagoxía terapéutica: 1

Total de postos de traballo: 11

Postos para funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario:

Lingua e literatura galega: 4

Lingua castelá e literatura: 4

Xeografía e historia: 3

Matemáticas: 4

Física e química: 3

Bioloxía e xeoloxía: 3

Debuxo: 2

Francés: 2

Inglés: 4

Música: 2

Educación física: 2

Psicoloxía e pedagoxía: 1

Tecnoloxía: 4

Total de postos de traballo: 38

Provincia: A Coruña.

Concello: Arteixo.

Localidade: Pastoriza.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria número 3.

Código do centro: 15032145.

Unidades: 16 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Postos de traballo para funcionarios do corpo de mestres no primeiro ciclo ESO:

Lingua galega: 1

Lingua castelá: 1

Filoloxía inglesa: 1

Ciencias sociais: 2

Matemáticas: 2

Ciencias naturais: 2

Educación física: 1

Educación musical: 0

Pedagoxía terapéutica: 1

Total de postos de traballo: 11

Postos para funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario:

Lingua e literatura galega: 3

Lingua castelá e literatura: 3

Xeografía e historia: 3

Matemáticas: 3

Física e química: 1

Bioloxía e xeoloxía: 1

Debuxo: 2

Francés: 1

Inglés: 3

Música: 1

Educación física: 2

Psicoloxía e pedagoxía: 1

Tecnoloxía: 3

Total de postos de traballo: 27