Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/227-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. rúa Nova perpendicular a avda. Fdez. de la Mora.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 320 m de lonxitude, con conductor de 95 mm Al, desde a L.M.T. de distribución a Ponteareas na avda. Fernández de la Mora ata o C.T. existente na urbanización Dismareate, continuando ata o C.T. existente no supermercado Consum e ata o C.T. existente na urbanización Covi II, no concello de Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra