Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/110-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. polígono Torneiros-cooper. Zeltia-Lourambal.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: L.M.T., a 15 kV, con conductor tipo LA-56, LA-110 y R.H.V. Tramo I-aéreo, de 121 m de lonxitude, desde un apoio que substitúe o D20/7 da L.M.T. ó C.T. cooper. Zeltia ata o apoio final da liña desde onde se realiza a conexión ó C.T. cooper. Zeltia. Tramo II-aéreo, de 49 m de lonxitude, desde o apoio a substituír, D20/7, do tramo anterior, ata o apoio existente tipo 1000/14 da L.M.T. ós CC.TT. Lourambal e políg. Torneiros. Tramo III-subterráneo,

de 625 m, desde o apoio a substituír, D20/7, do tramo anterior, ata o apoio nº 9 da L.M.T. A.T.I. 7.25. Toda a instalación está situada no Concello do Porriño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do R.D. 1955/2000, será de doce meses a partir da recepción da presente resolución. A efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Pontevedra, 4 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra