Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 368 de clasificación do monte de Montecelos, pertencente ó lugar de Montecelos, parroquia de Carnés, concello de Vimianzo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente 368, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: de Montecelos.

Comunidade: lugar de Montecelos.

Parroquia: Carnés.

Concello: Vimianzo.

Superficie: 114,00 ha.

Estremas: ten incluído parte do monte Prado Grande, nº 352 do CUP. Norte: monte veciñal de Cures e Mouzo. Leste: monte dos veciños de Gándara, e monte Prado de Blanco Rajoy, do que o separa o rego de Fontefría. Sur: monte dos veciños de Devesa. Oeste: propiedades particulares de veciños de Devesa e Montecelos.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001,

conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña