Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 369 de clasificación do monte Relleira de Sobreiros e Costa das Pasantes, Prado das Porfías, Costa de Cova Ladróns, Relleira de Corneda e Campo de Monteira de Riba, pertencente ó lugar das Pasantes, parroquia de Vimianzo, concello de Vimianzo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente 369, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Relleira de Sobreiros e Costa das Pasantes, Prado das Porfías, Costa de Cova Ladróns, Relleira de Corneda e Campo de Monteira de Riba.

Comunidade: As Pasantes.

Parroquia: Vimianzo.

Concello: Vimianzo.

Superficie: 66,79 ha.

Estremas: parcela a) Relleira de Sobreiros, Costa de Pasantes, Prado das Porfías e Costa de Cova Ladróns. Norte: monte veciñal do lugar da Toxa e parcelas particulares de veciños das Pasantes (Francisco Carballo, José Lema e José Rodríguez). Leste: parcelas particulares de veciños das Pasantes (José Nieves, Modesto Pérez, Esperanza Senra, herdeiros de María Miñónez, Francisco Carballo, José Antelo, herdeiros de Manuel Vázquez e outros). Sur: parcelas particulares nos seus extremos (Modesto Pérez e herdeiros de Francisco Vázquez, veciños das Pasantes e A Gándara), e con parcelas de monte veciñal dos veciños da Gándara non afectados, co pico Monte Sangre. Oeste: Rego de Mouzo, parcelas particulares de Esperanza Senra, das Pasantes, e outros. Parcela b)

Relleiras de Corneda e Campo de Monteiro de Riba. Norte: monte veciñal do lugar da Toxa e parcelas particulares de Manuel Vázquez. Leste: Rego de Mouzo, camiño de Carnés e fincas particulares de Ricardo Lema e Carmen Cundíns, de Brives, e José Antelo, das Pasantes. Sur: monte veciñal do lugar de Ogas, parroquia de Cambeda, e parcelas particulares de Francisco Carballo. Oeste: monte veciñal do lugar de Cures, parroquia de Cereixo.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor