Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 370 de clasificación do monte Carboeiros ou Fieiteira, Borrallas, Relleiras de Montemaior, Su Recosta, Campo de Areosa e A Pena, pertencente ó lugar de Brives, parroquia de Vimianzo, concello de Vimianzo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente 370, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Carboeiros ou Fieiteira, Borrallas, Relleiras de Montemaior, Su Recosta, Campo de Areosa e A Pena.

Lugar: Brives.

Parroquia: Vimianzo.

Concello: Vimianzo.

Superficie: 93,14 ha.

Estremas: norte: parcelas particulares de veciños de Calo (Ricardo Monterroso, Manuel Soto, Juan Mourelle, José Maceiras, José Costa, Juan Mourelle, Ricardo Monterroso, herdeiros de Alfredo Lema, Eulogio Carballo, Francisco Pose, Evaristo Pais e outros), parcelas particulares de veciños de Brives (Francisca López, Manuel Pedreira, Alejandro Aguián, Antonio Barros, Salvador Blanco, Andrés Soto, herdeiros de Vicente Oreiro, Victorio García, José Oreiro), e parcelas particulares de veciños da Valiña (Ángel Arjomil, Ramón Insua e outros). Leste: parcelas particulares dos veciños de Calo (José Costa e outros), parcelas particulares de veciños de Brives (Andrés Soto, María Oreiro, Estrella Oreiro, Manuel Lema, Manuel Aguiar e Ricardo Lema), e camiño veciñal. Sur: camino público de Carnés a Vimianzo, e monte veciñal do lugar da Valiña. Oeste: parcelas particulares de veciños de Brives (Manuel Aguiar, Consuelo Carballo) e monte veciñal da parroquia de Carantoña.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor