A Xunta Electoral de Galicia, na reunión que tivo lugar o día 26 de setembro de 2001, tomou coñecemento da programación de entrevistas cos candidatos á Presidencia da Xunta de Galicia, pertencentes ás forzas políticas con representación parlamentaria, con motivo das eleccións ó Parlamento de Galicia, nos seguintes medios de comunicación con titularidade pública:
-Radio Nacional de España 1:
Os días 16 a 19 de outubro, na banda horaria das 13.15 ás 13.30 horas.
-Televisión e Radio Galega:
Os días 9, 10, 11 e 15 de outubro, a partir das 21.30 horas, cun tempo máximo de 20 minutos, proporcionalmente asignado.
En cumprimento do disposto na norma sexta de instrucción da Xunta Electoral Central, do 13 de setembro de 1999, publícase este anuncio para que:
-As entidades políticas afectadas poidan examina-la devandita programación na Secretaría da Xunta Electoral de Galicia, sita na praza de Galicia da cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día, o seguinte ó da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, e formula-los recursos que estime pertinentes.
A Coruña, 26 de setembro de 2001.
Jesús Souto Prieto
Presidente da Xunta Electoral de Galicia

