A Xunta Electoral de Galicia, na reunión que tivo lugar o día 26 de setembro de 2001, tomou coñecemento da programación de cinco debates abertos cos candidatos de cada forza política con representación parlamentaria na Cámara, con motivo das eleccións ó Parlamento de Galicia, nos medios de comunicación seguintes:
-Televisión de Galicia e Radio Galega:
* Dos cinco debates, un terá carácter xeral en todo ámbito territorial de Galicia e emitirase tamén
a través da Radio Galega, o martes, día 16 de outubro, ás 23.40 hora, cunha duración de 75 minutos.
* Os outros catro terán lugar en cada unha das circunscricións electorais provinciais, o xoves, día 11 de outubro, ás 23.30 horas, cunha duración de 75 minutos.
En cumprimento do disposto na norma sexta de instrucción da Xunta Electoral Central, do 13 de setembro de 1999, publícase o presente anuncio para que:
As entidades políticas afectadas poidan examina-la devandita programación na Secretaría da Xunta Electoral de Galicia, sita na praza de Galicia da cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día, o seguinte ó da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, e formula-los recursos que estime pertinentes.
A Coruña, 26 de setembro de 2001.
Jesús Souto Prieto
Presidente da Xunta Electoral de Galicia

