En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial acorda dar publicidade á adxudicación dos contratos das obras que se relacionan:
1. Forma de adxudicación: os contratos que se relacionan a continuación foron adxudicados por poxa aberta, ó amparo do disposto nos artigos 74 e 75 do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administraciones públicas.
1.1. Obxecto do contrato: renovación da instalación eléctrica no CPI O Feal, Narón.
Contratista: Daviña, S.L.
Importe da adxudicación: 24.677.435 pesetas.
Data da adxudicación: 29 de maio de 2001.
1.2. Obxecto do contrato: substitución de cuberta e obras varias no CPI A Xunqueira, Fene.
Contratista: Bardera, S.L.
Importe da adxudicación: 12.840.192 pesetas.
Data da adxudicación: 29 de maio de 2001.
1.3. Obxecto do contrato: reparación de fachadas e cubertas no CEIP Manciñeira, Neda.
Contratista: Construcciones M. Pita, S.L.
Importe da adxudicación: 12.130.874 pesetas.
Data da adxudicación: 29 de maio de 2001.
1.4. Obxecto do contrato: substitución de cuberta e fachadas no IES de Arzúa.
Contratista: Cando, S.L.
Importe da adxudicación: 20.728.023 pesetas.
Data da adxudicación: 6 de agosto de 2001.
1.5. Obxecto do contrato: reparación de cuberta e fachadas no CEIP W. Fernández Flórez, Cambre.
Contratista: González Gutiérrez, S.L.
Importe da adxudicación: 39.639.770 pesetas.
Data da adxudicación: 6 de agosto de 2001.
1.6. Obxecto do contrato: substitución de calefacción e obras varias no IES nº 1 de Ordes.
Contratista: Cando, S.L.
Importe da adxudicación: 16.117.292 pesetas.
Data da adxudicación: 6 de agosto de 2001.
1.7. Obxecto do contrato: substitución de cuberta, fachadas e obras varias no CEIP Salustiano Rey Eiras, A Pobra do Caramiñal.
Contratista: González Gutiérrez, S.L.
Importe da adxudicación: 17.490.000 pesetas.
Data da adxudicación: 6 de agosto de 2001.
1.8. Obxecto do contrato: reparación de fachadas, cuberta e rede de saneamento no CEIP, Arquitecto Casas Novoa, Santiago.
Contratista: González Gutiérrez, S.L.
Importe da adxudicación: 27.856.085 pesetas.
Data da adxudicación: 6 de agosto de 2001.
A Coruña, 29 de agosto de 2001.
Alberto González Armesto
Delegado provincial da Coruña