Resolución pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a dotación de novas infraestructuras de servicios para centros universitarios nos campus da Coruña (Elviña e A Zapateira).
O día 14 de xuño de 2001 asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a adquisición de terreos no campus de Elviña que permitan as obras de construcción e equipamento dun edificio para o Centro de Documentación e Arquivo, e para mellora-los accesos e a circulación viaria no campus de Elviña e A Zapateira.
O Consello da Xunta acordou a autorización do devandito convenio de colaboración, na súa reunión do trinta e un de maio de dous mil.
A adquisición dos terreos para a dotación de novas infraestructuras nos campus de Elviña e A Zapateira será realizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, como órgano dunha Administración territorial, polo sistema de expropiación, e a Universidade da Coruña será a institución beneficiaria da expropiación, de conformidade co artigo 2 da Lei de expropiación forzosa e cos artigos 4 e 5 de seu regulamento.
As obras motivo de expropiación sitúanse en terreos comprendidos dentro dos polígonos I.1.3, II e III do plan parcial modificado do campus universitario da Coruña, aprobado polo Pleno Municipal en sesión do 18 de outubro de 1991. Os devanditos terreos están situados nos lugares de Rebanles, O Escorial e O Lagar, parroquia de Elviña, concello da Coruña.
Na súa virtude acórdase o inicio do expediente de expropiación forzosa, mediante o procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola construcción dun edificio para o Centro de
Documentación e Arquivo e a mellora de circulación no campus de Elviña e A Zapateira.
Acórdase tamén a súa publicación no Diario Oficial de Galicia en nun xornal dos de maior circulación da provincia. Así mesmo, e de acordo co previsto no artigo 145 da Lei do solo, do 24 de marzo, as taxacións notificaránselles individualmente ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a a partir da data de notificación. Así mesmo, notificaráselle o Concello da Coruña, dando traslado da resolución.
Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser notificados individualmente.
Conforme o previsto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expe
diente a información pública polo prazo dun mes, para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que coide convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, podendo examina-lo proxecto nas dependencias do Servicio de Obras e Equipamento da Universidade da Coruña (sala de comisións, nº 2), Rectorado, sito na rúa da Mestranza nº 9, de luns a venres entre as 12 e as 13.30 horas, co fin de que, unha vez informados, os afectados poidan formular por escrito ante o Servicio de Supervisión de Proxectos e Expropiacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Servicio de Obras e Equipamento da Universidade da Coruña as alegacións que consideren oportunas, de acordo co previsto no artigo 145.2º da devandita Lei do solo de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2001.
P.D. (Orden 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria
ANEXO
Ref. Ref. cat. Titular Enderezo Poboación Tipo expr. Sup. exp. Outros bens
Apart. 404 Hotel Tryp
1 78829 35 Jaspe Otero, Rogelio Elviña nº 38 A Coruña Total 1.376
2 78829 36 Catoira Bermúdez, Juana Os Mallos nº 97, 4º B A Coruña Total 1.001
3 78829 37 Vázquez Rojo, África Juan Canalejo nº 18 A, 6º C A Coruña Total 920
4 78829 38 González Taboada, Luis Avda. Rubine nº 18, 13º esq. A Coruña Total 928
5 78829 39 Uzal González, Avelino O Castro de Elviña nº 73 B A Coruña Total 1.225
6 78829 40 González González, Josefa Paralela Manuel Murguía nº 2, 4º A A Coruña Total 498
7 78829 41 Doldán González, Luis Peñarredonda nº 2 A Coruña Total 498
8 78829 42 Seijas González, Amparo A. Insua Rivas nº 27 A Coruña Total 2.596
9 78829 43 Caridad Pedreira, Antonia Carreira Cova nº 9 A Coruña Total 1.230
10 78829 45 Suárez de la Iglesia, María Estrada O Castro de Elviña nº 1 A Coruña Total 599
11 78829 46 Teijido González, Digna O Castro de Elviña, nº 7 A Coruña Total 385
12 78829 47 Seoane Seijas, María Historiador Bedía nº 9, 1º, 1 A Coruña Total 912
13 78829 48 Seoane Seijas, María Historiador Bedía nº 9, 1º, 1 A Coruña Total 985
14 78829 49 Veira Fernández, Juan Elviña nº 69 A Coruña Total 395
14 A Sen ref. Descoñecido Descoñecido Total 104
14 B Sen ref. Descoñecido Descoñecido Total 105
15 78829 50 Jaspe Otero, Antonio Elviña nº 38 A Coruña Total 8.660
16 79795 01 Fernández Pérez, Dolores Avda. Pedro Barrié de la Maza nº 1
A Coruña Total 2.114
17 79795 02 Regueira Fariña, Palmira Elviña nº 64 A Coruña Total 69
18 79795 03 Figueroa, María O Castro de Elviña nº 11 A Coruña Total 504
19 79795 50 Fernández Fernández, José A Zapateira nº 44, baixo A Coruña Parcial 480
20 83829 01 Jaspe Otero, Antonio Elviña nº 38 A Coruña Parcial 114 30 m de pechamento de muro de cachotería
21 80755 07 Orgeira García, Luis Estrada A Zapateira nº 32 A Coruña Total 230
22 80755 08 Camino Tojo, M. Eladio Mauricio Farto Parra nº 2, 6º B A Coruña Total 32 32 m edificación de planta baixa, categoría 4.2.1.9
23 80734 05 Iglesias Méndez, Camilo O Castro de Elviña nº 40 A Coruña Total 1.917
24 80734 86 Pérez Brañas, M. Josefa Urzáiz nº 83, 5º C Vigo Pontevedra Total 2.245
25 77786 03 Capelán Pardo, M. Carmen Cancela de Fóra nº 7, 5º esq. A Coruña Parcial 760
26 77786 55 Rodríguez Pardo, Juan O Castro de Elviña nº 6 A Coruña Total 228
27 77786 56 Rodríguez Pardo, Juan O Castro de Elviña nº 6 A Coruña Total 148
28 77786 58 Fernández Pardo, Amalia San Cristovo das Viñas. O Igrexario A Coruña Total 283
29 77786 62 Rumbo Veira, José A. Rúa Nova nº 3, 5, 2º A Coruña Total 360
29 A Sen ref. Blanco Pardo, Fernando Antonio Insua Rivas nº 3 Elviña A Coruña Total 56
30 77786 63 Martín Gonzalo, Carmen O Castro de Elviña nº 77 A Coruña Total 99
31 77786 67 Castro Teijido, Manuela O Castro de Elviña nº 33 A Coruña Total 669
32 77786 68 López Zapata, Dolores Rúa A Golpa nº 13, 1º B Perillo Oleiros Parcial 500