Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 144 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de declaración, en concreto, da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que foi autorizada administrativamente por esta delegación provincial, con data 4-11-1996 (expediente A.T. 1966/287) e que ten como características especiais as seguintes:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Enderezo social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Palmou II.
Situación: Lalín.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-56, de 424 m de lonxitude, desde a L.M.T. ó C.T. existente de Palmou ata o C.T. que se proxecta en Palmou II, no concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.
Pontevedra, 1 de agosto de 2001.
P.D. (Resolución 20-7-2001)
Carmen Girón Daviña
Secretaria da Delegación Provincial de Pontevedra
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: IN407A 01/239-4Provincia: Pontevedra
L.M.T., C.T. Palmou IITermo municipal: Lalín
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
4 O'Campiño Labradío Manuel Romero Crespo A Pedreira-Palmou, 3, 36517 Lalín 29 290
5 O'Campiño Prado Manuel Romero Crespo A Pedreira-Palmou, 3, 36517 Lalín 2 0,50 27 270
8 O'Campiño Prado Manuel Romero Crespo A Pedreira-Palmou, 3, 36517 Lalín 25 250
12 Candela da Cruz Labradío Ramón Soto Fernández Pazos-Palmou, 5, 36517 Lalín 55 550
13 Restre Labradío Nilo González Campos Quintas-Palmou, 11, 36517 Lalín 19 190