A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) modificada pola Orde de 23 de marzo de 2000, convoca a seguinte contratación:
Expediente 17/2001:
1. Obxecto: subministración sucesiva de material para a realización de determinacións de hormonas e do arrendamento e mantemento dos equipos.
2. Orzamento máximo: 14.280.650 pesetas/ano, IVE incluído (85 828,44 euros).
3. Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato e por un prazo de 12 meses.
4. Admisión de variantes: si (ver prego de cláusulas administrativas).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.
7. Clasificación: non se esixe.
8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas (R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, BOE nº 148, do 21 de xuño).
9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracions públicas (R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, BOE nº 148, do 21 de xuño).
10. Criterios de adxudicación:
Ver prego de cláusulas administrativas (epígrafe 7).
11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rua Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 59 37 e fax: 986 81 60 65. Páxina web: www. sergas.es.
12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.
13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, referencias técnicas e proposición económica, descritas no prego de cláusulas administrativas.
14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicions admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
15. Anuncios: o importe do anuncio do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 23 de agosto de 2001.
José Manuel González Álvarez
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral-Cíes de Vigo