Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución e dirección das obras.
Obra: reforma da unidade de cirurxía ambulatoria, hospital de día, cuberta e varias no Hospital Médico Cirúrxico de Conxo-Santiago de Compostela (A Coruña).
Orzamento da contrata: 5.754.055 pesetas (34.582,57 euros).
Prazo de execución: 2 meses.
Garantía definitiva: non se esixe.
Forma de tramitación: urxente.
Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos), ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Anuncio: os anuncios deste concurso público público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2001.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División
de Recursos Económicos