O Pleno deste Concello na súa sesión celebrada o pasado día 10, adoptou acordo de aprobar inicialmente o expediente de modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal, no denominado ámbito do Pasatempo.
Así mesmo, acordouse a apertura do trámite de exposición pública previsto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Durante este prazo poderán tódolos interesados examina-lo expediente nas oficinas de Urbanismo deste concello sitas na praza de Galicia, nº 1 (edificio Liceo) e presentar mediante escrito dirixido ó Pleno do Concello as alegacións que consideren oportunas.
Así mesmo, en virtude do artigo 34.3º da lei, queda suspendido o outorgamento de licencias urbanísticas no citado ámbito polo prazo establecido no dito artigo.
Betanzos, 23 de agosto de 2001.
Manuel Lagares Pérez
Alcalde-presidente