Aprobado por acordo da Comisión de Goberno do 10 de agosto de 2001 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares e de condicións técnicas que rexerán o concurso para a contratación dos servicios de colaboración na xestión tributaria, censual, inspectora e recadatoria do Concello de Bueu, que se expoñen ó público durante 8 días, contados a partir do seguinte ó da última publicación do presente anuncio no DOG ou no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.
Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultara necesario por se formularen reclamacións contra os pregos.
Entidade adxudicadora.
Concello de Bueu, r/ Eduardo Vicenti, nº 8, 36930 (Pontevedra).
Obxecto do contrato.
Servicios complementarios ó funcionamento dos órganos de xestión tributaria, inspectora e recadatoria do Concello de Bueu, que non impliquen exercicio de autoridade nin custodia de fondos públicos.
Tipo de licitación.
A retribución do presente contrato estará en función do volume e dos resultados concretos que se obteñan polas xestións e servicios feitos pola empresa adxudicataria, tomándose como índice os ingresos recadados pola mesma tanto en período de pagamento voluntario como executivo, así como polas diversas actuacións realizadas, según o siguiente detalle:
1. Recadación.
Establécense como tipos máximos de licitación os seguintes:
a) 4% do principal por tódolos cobros de xestión de padróns feitos no período voluntario de pagamento, admitíndose posturas inferiores ás do tipo porcentual sinalado.
b) 90% da recarga aplicable nos cobros feitos en período executivo, admitíndose posturas inferiores ás do tipo porcentual sinalado.
2. Actuacións de colaboración e asistencia na xestión tributaria e inspectora.
Os licitadores elaborarán un cadro de prezos sobre a retribución a obter por cada actuación, expresada en pesetas/unidade ou, se é o caso, mediante porcentaxe, co seguinte detalle mínimo:
a) Pola asistencia e colaboración na xestión catastral, por prezo de cada informe de valoración de unidade catastral conformado polo órgano competente municipal, incluíndo a posterior notificación e prezo por cada proposta de resolución de recurso, igualmente conformada.
b) Por unidade catastral e notificación ó 15 por cento da cota líquida ata un máximo de 15.000 pesetas e as anualidades atrasadas a razón de 500 pesetas por cada anualidade.
c) Por cada actuación de asistencia que orixine a incoación dunha acta de inspección polo concello e a correspondente regularización da débeda tributaria, ó 18% sobre ó importe total liquidado.
d) Pola xestión de cobro das liquidacións directas e tramitación de autoliquidacións non xestionadas por padrón ata un máximo dun millón (1.000.000) de pesetas anuais.
e) Polas sancións urbanísticas o 10 por cento da débeda en período voluntario ata un máximo de 250.000 pesetas por sanción e o 18 por cento na vía executiva.
f) Polas sancións de tráfico o 20 por cento en período voluntario e o 25 por cento en período executivo.
A estes efectos, as empresas licitadoras poderán amplia-lo cadro de actuacións e prezos por unidade ofertando aquelas que estimen de interese para a máis correcta prestación dos servicios de asistencia e colaboración contratados.
En tódalas retribucións previstas na presente cláusula enténdese sempre incluída a cota tributaria do imposto sobre o valor engadido (artigo 77 RDL 2/2000).
Modalidade de adxudicación.
Concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.
Garantías.
Provisional: 1.348.948 pesetas.
Definitiva: 2.697.896 pesetas. Dada a natureza do contrato e a importancia que supón, fíxase unha garantía complementaria equivalente o 6% do prezo, importe da adxudicación, a satisfacer polo contratista, que terá a consideración de garantía definitiva e deberá de constituirse no mesmo prazo que esta.
Exame do expediente.
Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horario das 9 ás 14 horas, agás sábados e festivos e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
Presentación de proposicións.
No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP en horas de nove a catorce horas e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares. Se o último día de presentación de ofertas fora inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.
Apertura de proposicións.
A apertura terá lugar ás 18 horas do día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).
Gastos de anuncios.
A cargo do adxudicatario.
Bueu, 14 de agosto de 2001.
Tomás Barreiro Sotelo
Alcalde-presidente