O Concello Pleno, na sesión celebrada o día sete de xuño de dous mil un, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle das cuarterías M-11, M-12, M-7 e M-3b, do polígono II do Plan parcial As Galeras, en Bastiagueiro-Liáns.
Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, podería interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).
Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativo.
Sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.
Oleiros, 17 de xullo de 2001.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta