O Pleno do Concello da Rúa en sesión do día 27 de xullo de 2001, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal en Rampa a Fontei, promovida por Francisco Fernández Álvarez.
O que se publica en cumprimento e para os efectos que sinala o artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo poderán interpoñerse os recursos de reposición perante o Concello Pleno, no prazo dun mes e o de contencioso-administrativo no de dous meses.
A Rúa, 24 de agosto de 2001.
Antonio Bello González
Alcalde accidental