O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo na súa sesión do día 24 de maio de 20001 acordou declarar que no núcleo que se indica a continuación se superaron os indicadores que, para determina-la necesidade de formación de plans especiais, contén o punto 3.9º.5 das normas urbanísticas e declarar esgotadas as posibilidades edificatorias e parcelatorias do referido núcleo en tanto non se aprobe o correspondente plan especial, e inicia-lo expediente de formulación do plan especial de mellora do núcleo, por redacción directa dos servicios técnicos municipais de planeamento, ou mediante contratación dunha asistencia técnica.
O núcleo é o seguinte:
Expediente: 6597/411.
Núcleo: 12.06 A Ermida (Oia).
Tipo: C.
O que se publica para o xeral coñecemento.
Vigo, 17 de agosto de 2001.
Xavier Toba Girón
Alcalde accidental