Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira Rías Baixas-Moaña.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira Rías Baixas-Moaña, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: defensa sanitaria gandeira.

Asinan a acta de constitución: Julio González Senra e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 24 de agosto de 2001.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra