Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 13.012

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (02/4788/2001).

Por este edicto faise saber que en providencia dictada no día de hoxe, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Antonio Pardo Fabeiro, en nome e representación de Federación de Empresarios Farmacéuticos Galicia, contra o Decreto 176/2001, do 27 de xullo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre creación, apertura e funcionamento dos servicios de farmacia e depósito de medicamentos (DOG nº 145, do 27 de xullo).

Recurso número 02/0004788/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas, que non séndoo persoalmente, teñan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, tres de setembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado