Por este edicto faise saber que en providencia dictada no día de hoxe, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Luis Sánchez González, en nome e representación de Asociación de Vecinos San Blas de Barciela, contra o decreto da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais nº 107/2001, do 26 de abril, polo que se resolve o expediente de segregación-agregación da parroquia da Barciela para a súa incorporación ó Concello de Oroso (DOG nº 95, do 18 de maio).
Recurso número 02/0004666/2001.
A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas, que non séndoo persoalmente, teñan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo
de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.
A Coruña, tres de setembro de dous mil un.
A secretaria
Rubricado
Visto e prace
O presidente
Rubricado

