Nos autos de xuízo número 226/2001, seguidos por instancia de Víctor Manuel Mosquera Bertolo, contra a empresa Lucusserv, S.L., sobre cantidade, dictouse a sentencia que no seu encabezamento e decisión di:
«1. O demandante en autos, Víctor Manuel Mosquera Bertolo, maior de idade, veciño de Lugo, con DNI nº 33993470, prestou servicios por conta e orde da empresa demandada Lucusserv, S.L., con domicilio en r/ Lamas de Prado, 137, 27004 de Lugo, e CIF B-82369067, dedicada á actividade económica do siderometal, desde o 21-6-2000, tendo a categoría profesional de oficial de 2 e percibindo un salario mensual segundo convenio.
2. O demandante reclámalle na súa demanda á empresa demandada a suma de 554.639 pesetas polos conceptos seguintes:
Mes de outubro 2000: 137.030 pesetas.
Mes de novembro 2000: 135.693 pesetas.
Mes de decembro 2000: 133.972 pesetas.
Mes de xaneiro 2001: 147.944 pesetas.
3. Con data 1-2-2001 presentouse papeleta de conciliación perante o SMAC, celebrándose o preceptivo acto conciliatorio previo o día 14-2-2001, que concluíu intentado sen efecto, pola incomparecencia da empresa demandada.
4. Esgotada correctamente a vía previa, interpúxose a demanda que rexe estes autos, reclamando a suma de 554.639 pesetas, que foi pasada a este Xulgado do Social con entrada do día 27 de marzo de 2001, logo da súa presentación e rexistro perante o decanato dos de Lugo con data 23-3-2001.
Por providencia do 18-7-2001 acordouse dar traslado da demanda ó Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).
Decido que estimando a demanda interposta por Víctor Manuel Mosquera Bertolo, contra a empresa Lucusserv, S.L., debo condenar e condeno a empresa citada a que lle aboe ó demandante a cantidade
de cincocentas cincuenta e catro mil seiscentas trinta e nove pesetas brutas (554.639 pesetas), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución.
Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa ulterior responsabilidade no caso de declaración da insolvencia empresarial.
Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-69 nº de autos 226/2001, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya, desta cidade, r/ da Raíña, nº 1, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la
responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedarán baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 25.000 pesetas, prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 226/2001 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxer, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.
Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu secretario dou fe. Rafael González Alió. Rubricado».
Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Lucusserv, S.L. en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
En Lugo o catro de setembro de dous mil un.
O secretario
Rubricado

