Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: modificado 1 L.M.T. a C.T. Castriz.
Situación: Santa Comba.
Descricións técnicas: modificado de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 713 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta ó C.T. Boaña e final no C.T. Castriz, existente. Proxecto de data 10-7-2000. Concello de Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 21 de agosto de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións

