Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 13.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/95-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Sogama.

Domicilio social: avda. B. Aires, 131-G. Multicentro, local 5, 32004 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., interruptor xeral de B.T., ecoplanta.

Situación: pol. ind. San Cibrao das Viñas (San C. das Viñas).

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 18 m de lonxitude, en conductor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. Unvi e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. en caseta de Pazos logo de alimenta-lo C.T. proxectado en caseta prefabricada con 160 kVA, r/t 20.000/380-220 V á beira do edificio da ecoplanta.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 27 de agosto de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial de Ourense en funcións