A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que A.V.F. Granit, S.L., con domicilio en Mosteiro, 12, Donas, Gondomar, presentou nesta delegación provincial, o día 26-3-2001, instancia-solicitude do permiso de investigación Chan de Prado de 10 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, sección C), que se sitúa no termo municipal de Gondomar, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2954, da provincia de Pontevedra.
A designación do terreo é a seguinte:
VerticesLonxitudeLatitude
18º 43' 00''42º 07' 00''
28º 42' 20''42º 07' 00''
38º 42' 20''42º 06' 40''
48º 41' 40''42º 06' 40''
58º 41' 40''42º 05' 40''
68º 42' 00''42º 05' 40''
78º 42' 00''42º 06' 20''
88º 42' 40''42º 06' 20''
98º 42' 40''42º 05' 40''
108º 43' 00''42º 05' 40''
A solicitude foi admitida definitivamente salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.
O que se fai público para que calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.
Pontevedra, 31 de agosto de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

