Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 13.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións dos parques eólicos Paxareiras IIE (Filgueira) e Paxareiras IID (Ameixenda), no termo municipal de Dumbría.

Outorgada a declaración de utilidade pública, en concreto, por resolución da Consellería de Industria e Comercio de data 24 de abril de 2001, que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas dos referidos parques eólicos (expte. nº 2/96-5/96), a prol da entidade beneficiaria Eurovento, S.L. (unipersoal), con enderezo na rúa Varsovia, nº 4 C, 5ª planta, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta delegación acorda sinala-los días 23, 24, 25, 26, 29, 30 e 31 de outubro e 9 de novembro de 2001 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 2957, nas que se describirán os bens ou dereitos contidos na relación de predios anexo a esta resolución, afectados por expropiación ou servidumes de paso por producción de enerxía eléctrica; acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os días e horas nos que se levará a efecto o levantamento das actas nas oficinas da Casa do Concello de Dumbría, sen prexuízo de desprazarse ós predios.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostas sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal, as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citado Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 17 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña