Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 13.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental, do 5 de setembro de 2001, do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos urbanos de Riós (Ourense), promovido polo Concello de Riós e pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.

Antecedentes.

Segundo o artigo 1.2º da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto

ambiental, os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización das obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II deste real decreto lexislativo, só deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental na forma prevista nesta disposición, cando así o decida o órgano ambiental en cada caso.

Á vista das características do proxecto, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cualificou o proxecto como sometido a avaliación de impacto ambiental con data 18 de xuño de 2001.

O obxecto do proxecto é a definición das obras e instalacións necesarias para a clausura, selaxe e recuperación ambiental do vertedoiro de residuos urbanos de Riós (Ourense), que se atopa no monte de Marcelín, na estrada de Riós a Vilardevós, a uns 2 quilómetros do núcleo urbano de Riós.

O vertedoiro consta de dúas partes, unha zona destinada a depósito de inertes e outra adicada a residuos urbanos. Os residuos urbanos atópanse parcialmente incinerados, en tres predios que foron cedidas ó concello, localizados nunha ladeira formando unha acumulación de residuos en noiro. O vertedoiro de inertes sitúase nun predio de propiedade privada, presentando unha potencia máxima que oscila entre 2 e 3 m.

A superficie do vertedoiro ocupada por residuos urbanos é de 1.563 m mentres que a sendo o volume total da vertedura destes residuos de 2.446 m. A superficie ocupada polo vertedoiro de inertes é de 1.410 m, sendo o volume de 853 m.

Actualmente a localización non conta con ningún sistema de recollida nin tratamento de lixiviados, nin de peche perimetral do vertedoiro, o único tratamento que se dá ós residuos é o de incineración.

O contorno do vertedoiro está ocupado por un bosque no que aparece como especie maioritaria o Quercus pyrenaica, cun denso sotobosque no que predominan fundamentalmente Ulex europaeus (toxo), Pteridium aquilinium (fentos), Cytisus striatus (xesta), e Calluna vulgaris (urceira). Desta formación aparecen grandes masas puras e tamén como integrante principal en asociacións con piñeiro (Pinus pinaster e Pinus sylvestris). Poden verse ademais desde o vertedoiro, bosques de Castanea sativa (castiñeiro).

A poucos metros do vertedoiro sitúase o curso do Marcelín, cun bosque de galería no que as especies predominantes son Alnus glutinosa (ameneiro) e Salix spp. Con presencia dalgún exemplar de Fraxinus angustifolium (freixo) e Corilus avellana (abelaneira).

Co obxecto de rexenera-la zona prevese realizar unha sementeira e hidrosementeira na zona que se vai selar coa seguinte mestura de herbáceas e arbustivas: xoio (Lolium perenne, 35%), herba de Vigo (Lolium multiflorum 35%), trevo encarnado (Trifolium pratense, 20%), xesta (Citysus scoparius, 5%) e toxo (Ulex europaeus, 5%). Realizarase ademais a plantación de 20 unidades de piñeiro (Pinus pinaster).

No anexo I resúmese a situación actual e a prevista trala execución do proxecto, ademais das medidas preventivas e correctoras previstas no estudio ambiental presentado.

O estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de residuos urbanos de Riós (Ourense) someteuse ó trámite de información pública, polo prazo de 30 días, mediante Resolución do 20 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 132, do 9 de xullo. O certificado de exposición pública na Delegación da Consellería de Medio Ambiente da Provincia de Ourense recíbese con data 23 de agosto de 2001, non tendo constancia da presentación de alegacións.

Con data 19 de xuño de 2001 consúltase a Dirección Xeral de Saúde Pública, non tendo constancia da emisión do informe no prazo legalmente establecido, e á vista do tempo transcorrido, procede prosegui-la tramitación de conformidade co artigo 83 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Realizada a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula para os sós efectos ambientais a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos urbanos de Riós (Ourense), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Riós.

O órgano substantivo e ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No cumprimento das condicións desta DIA terase en conta que, segundo o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Riós, a obriga de asumi-lo mantemento e a conservación das obras unha vez recibidas será do Concello de Riós. Durante a fase de obras, esta obriga recaerá na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental.

Examinados os documentos:

* Estudio de impacto ambiental do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro municipal de Riós (Ourense). Xuño 2001.

* Proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos urbanos de Riós (Ourense). Agosto 2001.

tendo en conta o carácter de corrección ambiental das obras, estímase a necesidade de realiza-lo proxecto.

Nembargantes, coa finalidade de optimizar estas medidas e co obxecto de minimiza-las posibles afeccións ambientais negativas, deberanse aplicar ademais das medidas que se propoñen no proxecto, as recollidas na presente declaración de impacto ambiental,

todo isto para cumprir co disposto na Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

No caso de que exista contradicción entre o establecido na documentación avaliada e a presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionado.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva ó proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos urbanos de Riós (Ourense).

2. Sobre o nivel sonoro ambiental.

Aplicarase o disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto), así como o estipulado, se é o caso, pola ordenanza municipal ó respecto.

3. Sobre a calidade do aire.

Durante a adecuación da masa de residuos, consideraranse as condicións metereolóxicas, evitando a remoción de residuos en presencia de vento, alta temperatura ou elevada pluviosidade.

Trala finalización das obras vixiarase que as emisións nas chemineas de desgasificación non sexan percibidas de forma habitual polas poboacións do contorno, e se é o caso, recollerase este gas e procederase a queimalo.

Así mesmo, na escavación de residuos procederase á súa aireación, co obxecto de evitar explosións.

4. Sobre as augas.

Tendo en conta a proximidade do río Marcelín, terase en conta que para calquera vertedura de efluentes, será preceptiva a autorización administrativa outorgada pola Confederación Hidrográfica do Norte.

As regas previstas para evita-la emisión de po efectuaranse de xeito que se humecte o solo, pero non se formen asolagamentos nin regatos. Este aspecto tamén deberá ser tido en consideración durante os movementos de terras e residuos, de tal xeito que non se impida o libre fluxo de auga.

Os lixiviados acumulados na balsa durante o mantemento posterior á clausura retiraranse cando se acade como máximo as 3/4 partes da súa capacidade e serán entregados a xestor autorizado, para o seu traslado ata unha estación depuradora de augas residuais.

Garantirase o adecuado tratamento das augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos.

As augas de escorrega superficial conduciranse a través das canles de intercepción proxectadas. Para evita-la erosión na incorporación das augas á rede natural de drenaxe, deberanse colocar sistemas de disipación de enerxía (encachados de pedra, pequenos diques, etcétera) nos puntos de vertedura. Así mesmo, nestes puntos débense impedi-los fenómenos de asolagamento ou deposición.

Realizaranse periodicamente labores de mantemento co fin de asegura-lo correcto funcionamento dos sistemas de drenaxe de augas pluviais e de lixiviados.

As reparacións e cambios de aceite da maquinaria móbil realizaranse en talleres autorizados.

5. Sobre o solo.

De maneira previa ó comezo efectivo das obras, procederase a delimita-lo terreo afectado por estas, de maneira que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio e restrinxíndose o movemento da maquinaria ás zonas destinadas para o efecto.

Os materiais sobrantes de escavacións, os residuos da obra e calquera outro elemento contaminante, xestionaranse de acordo coa súa natureza e coa lexislación vixente. Os residuos almacenados temporalmente á espera da súa entrega a xestor autorizado deberán poñerse en contedores localizados nun lugar debidamente sinalizado.

Queda expresamente prohibido depositar calquera tipo de residuo fóra da superficie delimitada para o vertedoiro.

Os materiais precisos para a adecuación e selaxe do vertedoiro deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada.

6. Sobre a restauración.

Ata asegura-la viabilidade da sementeira e da plantación, realizaranse regas regulares, fertilizacióin mineral de reforzo anual, resementeira das superficies nas que se aprecie a presencia de calvas e reposición de marras.

Se a zona de residuos inertes, na que non se ten previsto realizar selaxe, está moi degradada, procederase a realizar unha sementeira coa mesma mestura de especies e coa mesma dose que na zona con selaxe.

7. Sobre a protección e control de accesos.

Adoptaranse as medidas precisas para evita-la aparición de focos de vertedura, tanto na fase de adecuación e selaxe como na fase posclausura.

Executarase un peche perimetral que deberá asegura-la súa función en todo momento, limitando a entrada polos accesos só a persoal autorizado.

8. Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo, o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Así mesmo, este programa permitirá detectar e cuantificar diferentes alteracións que non se puidesen prever na avaliación do proxecto, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Este programa ten como obxectivo incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. Tódolos controis realizados no seguimento, así como tódolas incidencias que se produzan, rexistraranse no momento da súa avaliación nun libro-rexistro que esta

rá á disposición da administración competente. Estes rexistros deberán considerarse na elaboración dos informes para remitir a esta dirección xeral.

As analíticas que se van realizar serán efectuadas por laboratorio homologado segundo métodos oficiais de análise. Este laboratorio deberá realizar asemade a toma de mostras.

A documentación indicada a continuación deberá presentarse por duplicado perante esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8.1. Informe final de obras.

Presentarase antes dun (1) mes desde o remate dos traballos, comprendendo, como mínimo os seguintes elementos:

a) Data de finalización das obras.

b) Plano en planta a escala 1:250 dotado de coordenadas UTM, no que se localicen os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras, así como a localización exacta dos dispositivos de control. Este plano acompañarase de relación de coordenadas UTM que defina o perímetro da parcela.

c) Reportaxe fotográfica da zona, que reflicta o estado final do lugar incluíndo a zona non selada. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

d) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados durante a obra, e que non puideron ser obxecto de depósito no vertedoiro.

e) Definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, así como memoria das medidas adoptadas para o control de acceso e vertedura. Así mesmo, definirase o responsable do control ambiental requirido no punto 9.2 desta declaración.

8.2. Informe de seguimento ambiental.

Presentarase con periodicidade semestral, contado desde o final das obras e ata que esta dirección xeral informe da súa finalización. O seu contido será o indicado no punto 11 da memoria do proxecto, debendo incluír ademais a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da entrega dos lixiviados a xestor autorizado, indicando os volumes e as súas características.

b) Reportaxe fotográfica da superficie selada e revexetada, das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos, do peche perimetral e da eficacia do sistema de disuasión de verteduras. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

Se durante o período de control posclausura se producise unha variación significativa na calidade das

augas subterráneas, das superficiais, dos lixiviados, ou un incremento importante na producción destes, deberá notificarse inmediatamente a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por proposta motivada da entidade encargada do mantemento e control posclausura, ou á vista dos resultados obtidos, poderá modifica-la lista dos parámetros que se van controlar, así como a frecuencia dos controis que se van realizar.

9. Condicións adicionais.

9.1. O Concello de Riós poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no desenvolvemento da actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, efectuarase a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada a presente declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ó concello o acordo adoptado.

9.2. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o antedito concello deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9.3. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

9.4. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental poderá paralizar cautelarmente as obras ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

9.5. Esta dirección xeral, por iniciativa propia poderá dictar en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da fase posterior, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

9.6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial, das condicións impostas nesta DIA, poderán ser causa

suficiente para proceder a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

9.7. A presente resolución adoptada por esta dirección xeral non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificala, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan xeral de ordenación urbana ou normas subsidiarias.

9.8. Cumpriranse tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

Resumo do proxecto

Localización e descrición do vertedoiro

SituaciónConcello de Riós

Superficie ocupada por RSU1.563 m

Volume RSU2.446 m

Superficie ocupada por residuos inertes1.410 m

Volume de residuos inertes853 m

Tipos de residuosRSU, RSU incinerados e residuos inertes

Tipo de vertedoiroEn superficie

Situación actual e situación prevista coa realización do proxecto

Situación

actual

Proxecto

LixiviadosFondo impermeabilizadoNon, terreo naturalNon, terreo natural

Drens lixiviadosNonSi

Captación de lixiviadosNonSi

TratamentoNonA balsa de lixiviados a través de arqueta e traslado a EDAR

GasesDrensNonSi

Captación NonSi, 2 pozos

TratamentoNonExtracción pasiva

PluviaisGabias de recollida perimetralNonSi

Punto de verteduraNonÓ medio

CubertaLámina/capa impermeableNonSi

Terra vexetalNon30 cm

VexetaciónNalgunhas zonasSi

EstabilidadeEstabilidadeSiSi

AccesosPosibilidade de accesoSiNon

Vixilancia ambientalPlan de vixilancia ambientalNonSi

Compoñentes do sistema de selaxe

Superficie do vertedoiro

Capa de acondicionamento0,1 m de terras

Protección da capa de impermeabilización Xeotéxtil antipunzamento 280 g/m

Capa de impermeabilizaciónLámina de PEAD de 2 mm de espesor

Capa de drenaxeXeorrede drenante

Capa de cobertura70 cm de solo seleccionado e 30 cm de terra vexetal

Resumo das medidas preventivas e correctoras.

* A maquinaria empregada durante a fase de selaxe deberá cumprir coa lexislación vixente en materia de gases e ruídos de vehículos a motor. En caso de que non se cumpran os límites legais serán inmediatamente substituídas.

* Os residuos perigosos que se xeren durante a fase de selaxe (aceites, envases que tivesen residuos perigosos, etcétera) xestionaranse conforme a lexislación vixente.

* Os materiais empregados nos labores de selaxe deberán cumprir tódolos controis de calidade e as especificacións técnicas necesarias.

* Terase especial coidado en que o levantamento de po durante a fase de construcción sexa o menor posible, cinguíndose unicamente ás zonas proxectadas.

* Protección das cunetas con herbáceas, a fin de evita-la erosión dos seus laterais.

* Localización e saneamento dos puntos de filtración de lixiviados, por medio do seu recubrimento e trala reparación da selaxe.

* As canles de erosión e a acumulación de terras ó pé indican que a vexetación exerce unha protección deficiente. En tal caso, pode recorrerse ó tratamento con estabilizadores de solos, mentres a vexetación se renova.

* No caso de agretamentos lonxitudinais, será indicativo da existencia de movementos na selaxe por asentamentos; haberá que reenchelas para evitar que se convertan en futuras canles de erosión.

* Os afundimentos e saídas de fumes poden ser síntomas de enérxicas fermentacións locais, sendo en tal caso recomendable levantar-las monteiras afectadas extinguíndose as combustións se se producen, ou detendo a fermentación mediante achega de terras, seguida da remoción, compactación e restauración da selaxe.

* Os defectos da drenaxe poden esixir un subsolado seguido de adicións de material groso, para mellora-la textura.

* O control do estado da vexetación esixirá corrixi-los erros de plantación, mellorar e fertiliza-lo solo, e indaga-las causas polas que poden verse afectadas zonas sen cobertura suficiente. A presencia

destas monteiras indicará erros que haberá que identificar e corrixir: mala aplicación das técnicas de revexetación, asfixias de raíz por afundimento do substrato e anegamentos.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade

e Avaliación Ambiental