Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 13.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación polo Servicio Galego de Saúde, en réxime de concesión, de dúas máquinas de café, dúas máquinas de bebidas e dúas máquinas de snacks no edificio administrativo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde en San Lázaro (Santiago de Compostela) (S/480-2001).

Obxecto: dúas máquinas de café, dúas máquinas de bebidas e dúas máquinas de snacks no edificio administrativo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde en San Lázaro (Santiago de Compostela).

Canon: as empresas licitadores deberán ofertar un canon anual.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver cláusula 4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: 4 anos desde a posta en funcionamento.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas e na páxina web do Sergas: www.sergas.es.

Garantías: esíxese garantía provisional de 100.000 pesetas (601,01 euros).

Admisión de variantes: admítense, ademais da oferta base, un máximo de 2 variantes.

Criterios de adxudicación: ver punto 6.2 da folla de especificacións ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (no ático da ala norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos