Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 13.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

O Concello de Cambados convoca concurso para adxudicación das obras de escola infantil de cinco unidades. O tipo de licitación fíxase en 70.407.388 pesetas (423.156,92 euros).

As proposicións para tomar parte no concurso presentaranse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de 13 días naturais seguintes ó da publicación do extracto do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14 horas do día en que finalice o prazo. Se este último día fose sábado ou festivo, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

O prego de cláusulas administrativas particulares poderá solicitarse nas oficinas municipais e o acto de apertura de plicas celebrarase na casa do concello, ás 11 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo para presentación das proposicións.

Cambados, 26 de setembro de 2001.

Rosa Oubiña Solla

Alcaldesa accidental