No BOP de Pontevedra nº 163, do 24 de agosto de 2001, publicáronse as bases da oposición para cubrir unha praza de inspector de obras vacante no cadro de funcionarios.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, segundo corresponda.
Cangas, 28 de agosto de 2001.
José Enrique Sotelo Villar
Alcalde-presidente

