Por resolución da Alcaldía, do 21 de setembro de 2001, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, por procedemento aberto, das obras de rexeneración da zona da rúa Hernán Cortés, o cal se expón ó público xunto co proxecto por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.
Simultaneamente, anúnciase concurso se ben a licitación aprazarase, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións ou o proxecto.
1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Alcaldía.
Dependencia que tramita el expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato:
Descrición: rexeneración da zona da rúa Hernán Cortés.
Lugar de execución: zona da rúa Hernán Cortés.
Prazo de execución: punto 3 do prego de cláusulas administrativas.
3. Tramitación, procedemento e forma:
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Orzamento base: 12.142.858 pesetas.
Criterios de selección para a adxudicación da obra: cláusula 14 do prego.
5. Garantías:
Provisional: 2% do orzamento de adxudicación.
Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información:
Entidade: rexistro xeral do concello.
Domicilio: praza do Reló.
Data límite para solicitar presentación: 13 días naturais a partir da publicación do edicto de licitación no Diario Oficial de Galicia.
7. Presentación de ofertas:
Prazo: cláusula 12 do prego.
Documentación: cláusula 12 do prego.
Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.
8. Apertura de ofertas:
Entidade, domicilio e localidade: Concello da Guarda, praza do Reló (A Guarda).
Data e hora: 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.
9. Gastos anuncios:
Serán por conta dos adxudicatarios.
A Guarda, 21 de setembro de 2001.
José Luis Alonso Riego
Alcalde

