O Concello de Lousame convoca licitación pública para contratación por concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, da seguinte obra: saneamento en Aldarís, incluída no FCL-2001.
a) Prego de cláusulas administrativas particulares.
É de aplicación o prego tipo de cláusulas administrativas, aprobado pola deputación provincial e publicadas no BOP nº 78, correspondente ó 4 de abril de 2001, que o concello ten adoptadas como propias, agás a opción A, que se substitúe por opción B, que logo se dirá.
b) Cadro de características do contrato.
1. Proxecto: saneamento en Aldarís.
2. Orzamento: 11.035.058 pesetas, IVE incluído.
3. Aplicación orzamentaria: 611.00.
4. Prazo de execución: 2 meses.
5. Clasificación: non se esixe.
6. Lugar de presentación de propostas: rexistro municipal, casa do concello. Oficinas xerais. Portobravo nº 1, Lousame.
7. Prazo de presentación de propostas: 13 días naturais, seguintes ó de publicación no BOP e DOG.
8. Garantía provisional: non se esixe.
9. Garantía definitiva: 4% s/prezo de adxudicación.
10. Taxa do contrato: 5.000 pesetas.
11. Revisión de prezos: non procede.
12. Control de calidade: esixible control externo, segundo criterios de avaliación, opción B.
13. Apertura de propostas: sexto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas, agás sábado, ás 20.30 horas, na casa do concello.
14. Lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego de cláusulas: Selecom 99, S.L.-Copinoia, rúa de Galicia, nº 54, baixo esquerda, Noia.
ANEXO I
Modelo de proposición
D/Dna. ... con domicilio en ..., rúa, número, teléfono, con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) nº ...actuando en nome propio (ou ben, en representación de ...DNI ou CIF ...con domicilio social en ...) toma parte no concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, para adxudicación da obra: saneamento en Aldarís, facendo constar que: 1) Que ofrece o prezo de ...(en letra e cifras) pesetas IVE incluído, que significa unha baixa de ....pesetas en relación co tipo de licitación. 2) Que coñece e acepta cantas obrigas se derivan do prego de cláusulas administrativas particulares, así como os criterios de avaliación establecidos no anexo III. 3) Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.
En ..., ...de ...de 2001.
O/a licitador/a.
ANEXO II
Sobre B
Modelo de sobre
Proposición para tomar parte no concurso para adxudicación da obra de saneamento en Aldarís, presentada por ...sobre A, B ou C, segundo corresponda.
En ..., ...de ...de 2001.
ANEXO III
Sobre C
Opción B) Criterios de avaliación aprobados pola corporación, que se aplicarán sobre os datos aportados polos concursantes. Sinálese puntuación máxima:
1. Solvencia técnica, maquinaria e medios técnicos: 10 puntos.
2. Solvencia profesional, persoal e traballadores: 10 puntos.
3. Prezo: 8,50 puntos.
4. Control externo de calidade promovido pola Administración, na fase de execución da obra a conta e cargo do adxudicatario. Sinálase contía asignada: 8,50 puntos.
5. Relación de obras da mesma ou análoga clase executadas nos cinco anos anteriores e informes sobre elas: 8,50 puntos.
6. Solvencia económica: 7 puntos.
7. Prazo de execución: 7 puntos.
Lousame, 4 de setembro de 2001.
María Rey Castaño
Alcaldesa en funcións

