Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 13.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELÓN

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2001 pola que se anuncia a contratación das obras de saneamento en Curuxal, 1ª fase.

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase o concurso por procedemento aberto para adxudica-las obras sinaladas de saneamento en Curuxal, 1ª fase.

1. Prazo de execución: cinco meses.

2. Tipo de licitación: 10.212.500 pesetas.

3. Publicidade do prego: na Secretaría do Concello de Melón das 9 ás 14 horas en días hábiles.

4. Garantías: as provisionais serán do 2% do tipo de licitación e as definitivas do 4% do remate.

5. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello en días e horas de oficina, ata as 13 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP de Ourense ou ben no Diario Oficial de Galicia. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

6. Apertura de proposicións: ás 12 horas do día seguinte hábil non sábado a aquel no que termine o prazo de presentación de proposicións.

7. Modelo de proposición: o recollido na cláusula IX do prego.

Melón, 30 de agosto de 2001.

Celso Rodríguez Acuña

Alcalde