A Alcaldía-Presidencia, mediante Decreto do 24 de setembro de 2001, acordou aprobar inicialmente a modificación da delimitación da unidade de actuación número 4 (UA-4), Nigrán, promovida pola empresa Construcciones y Promociones Mario Puentes, S.L. e redactada polo arquitecto Javier Martínez Díez e o avogado Juan Pérez Rodríguez, debendo incorporarse ó expediente o consentimento dos propietarios excluídos do citado ámbito.
Durante o prazo de 20 días exponse ó público co obxecto de que poida examinarse o expediente e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes.
Nigrán, 24 de setembro de 2001.
José Manuel Rial Cadaval
Alcalde

