Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 13.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2001 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da iluminación pública da zona centro de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto: a) Descrición: execución da subministración e obras do proxecto. b) Prazo: cento cincuenta días. c) Lugar: Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento: 420.670,07 euros, IVE incluído, e todo xénero de gastos.

5. Clasificación do contratista: grupo I, subgrupo 1, categoría e.

6. Garantías: provisional: 8.413,41 euros. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación (praza de España, s/n, 36071 Pontevedra), no prazo de cinco e dous (52) días naturais a partir do día seguinte ó do envío deste anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas (data de envío o 21 de agosto de 2001, polo que o prazo finaliza o 16 de outubro de 2001). Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

8. Presentación de ofertas: a) Data límite: 16 de outubro de 2001 (cincuenta e dous días naturais contados a partir do día seguinte ó de envío deste anuncio ó DOCE. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello (das 8 ás 13.30 horas).

9. Apertura das ofertas: o día seguinte hábil ó de terminación do prazo, ás 9 horas.

10. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Reducción do prezo: ata un 60%.

b) Deseño e calidade dos materiais ofertados polo licitador: ata un 20%.

c) Garantía: ata un 20%.

11. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1º Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

2º Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución de obra, incluído o IVE.

3º Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

4º Os gastos de dirección técnica das obras.

12. Data de envío do anuncio ó DOCE: 21 de agosto de 2001.

Pontevedra, 21 de agosto de 2001.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental