1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.
2. Obxecto: a) Descrición: execución da subministración e obras do proxecto. b) Prazo: dez meses. c) Lugar: Pontevedra.
3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria, aberto e concurso.
4. Orzamento: 796.477,97 euros, IVE incluído, e todo xénero de gastos.
5. Clasificación do contratista: grupo I, subgrupo 1, categoría d. Grupo K, subgrupo 5, categoría d.
6. Garantías: provisional: 15.929,56 euros. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
7. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación (praza de España, s/n, 36071 Pontevedra), no prazo de cincuenta e dous (52) días naturais a partir do día seguinte ó de envío deste anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas (data de envío o 21 de agosto de 2001, polo que o prazo finaliza o 16 de outubro de 2001). Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.
8. Presentación de ofertas: a) Data límite: 17 de outubro de 2001 (cincuenta e dous días naturais contados a partir do día seguinte ó de envío deste anuncio ó DOCE. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello (das 8 ás 13.30 horas).
9. Apertura das ofertas: o día seguinte hábil ó de terminación do prazo, ás 9 horas.
10. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:
a) Melloras no proxecto técnico: ata 7 puntos.
b) Prazo de garantía ofertado: ata 7 puntos.
c) Proposición económica: ata 7 puntos.
d) Prazo de execución: ata 2 puntos.
e) Relación de equipos, maquinaria e medios auxiliares que o licitador se comprometa a empregar na obra: ata 2 puntos.
11. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:
1º Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.
2º Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución de obra, incluído o IVE.
3º Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.
4º Os gastos de dirección técnica das obras e os de redacción do proxecto técnico no que se recollan as melloras ofertadas.
12. Data de envío do anuncio ó DOCE: 22 de agosto de 2001.
Pontevedra, 22 de agosto de 2001.
Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde
Adolfo Castro Pérez
Secretario accidental

