A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 11 de xuño de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle das vivendas unifamiliares existentes na marxe norte da rúa de Vista Alegre (números 173 a 183), promovido por Pedro Serrano Cambón.
En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente
sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.
Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente, e que a seguir se relacionan:
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2001.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo
Número parcela Propietario
Rúa de Vista Alegre número 173 Ramón Suárez Sánchez
Rúa de Vista Alegre número 175 Juan Suárez Baña
Rúa de Vista Alegre número 177 Pilar Pérez García
Rúa de Vista Alegre número 179 Pedro Serrano Cambón
Rúa de Vista Alegre número 181 Manuela Mariño Barcia
Rúa de Vista Alegre número 183 Jesús Gil Illodo

