Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 13.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 5 de marzo de 2001, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior número 2 (PERI-2) de Conxo, promovido polo concello e redactado pola Oficina de Planeamento, S.A.

O ámbito obxecto de ordenación está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: solo urbanizable programado número 6 (SUP-6).

Sur: Travesa de Conxo de Abaixo.

Leste: rúa do Monte de Conxo, fronte ó colexio Quiroga Palacios e rúa de Conxo de Arriba.

Oeste: solo urbanizable non programado número 16 (SUNP-16).

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión, ubicadas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2001.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo