A alcaldesa en funcións, mediante decreto de data 27-8-2001, aprobou definitivamente o proxecto de compensación do polígono 01 dentro da área de reparto 29, tramitado como propietario único por instancia de Construcciones Limia, S.L., de conformidade co disposto nos artigos 133.1º da Lei do solo de Galicia e 157.3º do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.
En cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, faise público, sinalando que contra o acordo de aprobación poderá interpoñerse recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses.
Os prazos que se sinalan contaranse a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Verín, 28 de agosto de 2001.
Mª Corona Meixeira Romasanta
Alcaldesa en funcións

